A comezos do mes de xuño despedímonos do club de lectura. Para esa despedida xuntámonos os dous grupos de Lectour@s para comentar o final dos libros que lemos neste terceiro trimestre e gozar dun petisco de despedida. Foi unha xornada de ledicia polos bos momentos compartidos e de emoción polo remate do curso. Agardámosvos a todos o curso que vén. Bo verán!
Roteiro literario
O pasado xoves, 18 de maio, o alumnado do club de lectura gozou dun roteiro literario polas rúas de Vigo. Despois da lectura de "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" de Ledicia Costas, decidimos seguir as pegadas deste autor pola cidade de Vigo. Así, acompañados do noso guía, nada máis e nada menos que o capitán Nemo, percorrimos as rúas da zona antiga da cidade, saíndo dende O Castro, ata rematar na escultura que homenaxea a Xulio Verne xa na zona do porto. Rematamos a nosa visita na praia de Samil, ollando cara as Illas Cíes que teñen un papel moi importante en "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta".
Foi unha xornada que nos permitiu coñecer Vigo como nunca antes, descubrir máis sobre a cidade e as vistias do xenial autor á mesma, pero sobre todo, gozar dunha xornada diferente cos compañeiros e compañeiras. Un día para recordar, seguro!
Visita Carlos Meixide
O pasado xoves, 16 de marzo, visitounos Carlos Meixide. Os Lectour@s de 2º da E.S.O. gozamos da lectura de "Ons", polo que agardabamos a visita con gran interese. Vímonos totalmente recompensados. Foi unha conversa moi interesante sobre libros e sobre o proceso de escrita que mantivo en todo momento a nosa atención. Queremos agradecer a Carlos por esta xornada tan interesante. Agardamos telo de volta moi pronto!
Lectour@s, comezamos!
Comezamos as reunións do club de lectura! Durante as primeiras semanas de clase animamos ao alumnado de Secundaria a anotarse no club, visitando as clases e tamén con cartelería, e por fin anunciamos o comezo das reunións
O día 27 de outubro reuniuse o club de 1º da ESO. Fixemos a presentación do club, da coordinadora, falamos do calendario e repartimos os libros, que este ano están relacionados co proxecto de centro "O mar". Comezaremos con "A negrura do mar" posto que neste mes de novembro cúmprense 20 anos do naufraxio do Prestige.




























