Lectour@s, comezamos!

 Comezamos as reunións do club de lectura! Durante as primeiras semanas de clase animamos ao alumnado de Secundaria a anotarse no club, visitando as clases e tamén con cartelería, e por fin anunciamos o comezo das reunións


 O día 27 de outubro reuniuse o club de 1º da ESO. Fixemos a presentación do club, da coordinadora, falamos do calendario e repartimos os libros, que este ano están relacionados co proxecto de centro "O mar". Comezaremos con "A negrura do mar" posto que neste mes de novembro cúmprense 20 anos do naufraxio do Prestige.




O día 4 de novembro reuniuse o club de 2º da ESO. A dinámica foi a mesma que na sesión de 1º, presentación da coordinadora, dinámica do club e reparto de libros. Neste caso a obra elixida é "Ons".


 Aínda estade a tempo de participar, agardámosvos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario