20 anos do "Prestige"

Este mes de novembro cúmprense 20 anos da traxedia do "Prestige". Coincidindo co noso ano adicado ao mar, quixemos recordalo para que o noso alumnado coñecese a magnitude da traxedia. Para iso, neste mes da ciencia en galego, estívose a traballar desde ese aspecto nas áreas de ciencias, bioloxía e física, pero tamén cunha exposición con portadas da época e unha montaxe de vídeo donde se podían visualizar imaxes da traxedia, pero tamén da marea de solidariedade que xerou. Así mesmo, o cartel que preside a entrada do colexio, realizado polo departamento de Tecnoloxía, foi convertido nunha homenaxe aos mariñeiros que, coas súas mans espidas, trataron de conter a marea negra, uníndonos ao berro... Nunca máis!









Ningún comentario:

Publicar un comentario