Ángeles Alvariño no Mes da ciencia en galego

 Este ano, o Mes da ciencia en galego está adicado a Ángeles Alvariño. Por iso, neste ano d"O mar" quixemos investigar un pouco máis sobre esta oceanógrafa galega. Preparamos unha exposición con libros sobre a súa figura para que servisen de inspiración ao alumnado de 3º da ESO ao que as profesoras dos departamentos de Bioloxía e Física e Química propuxo a creación de "Lap books" coa información que atoparan sobre ela. Unha vez realizados, os "Lap books" foron expostos na entrada da biblioteca para seren compartidos con todo o alumnado do centro. Acompaña estes traballos un cartel, feito con material de refugallo por alumnado do centro, no que aparece reflectido o "Sarsia", buque no que Ángeles Alvariño realizou varias campañas (sendo a primeira muller a bordo dun buque de investigación británico). Os alumnos e alumnas de 3º da ESO realizaron un gran traballo, parabéns!









Ningún comentario:

Publicar un comentario