O bosque dos libros

  Hoxe traémosvos outra das actividades que se levaron a cabo no noso centro con motivo do "Mes das letras". Neste ano d'O bosque non podía ser outra que: O bosque dos libros.

 O primeiro que fixemos foi mandar a tódalas casas as follas nas que, cada membro da familia, tería que escribir o seu libro favorito. Repartíronse tamén a todo o alumnado, profesorado e demais membros da comunidade educativa. Foron moias as follas que recibimos de volta, polo que non podemos estar mái que agradecidas por toda esa participación.

 Con todas as follas recollidas, o seguinte paso foi montar as árbores que formarían o noso bosque e Fixémolo na entrada do colexio, así, todas as visitas poderían ver as nosas lecturas preferidas.








Ningún comentario:

Publicar un comentario