O pasado xoves, 22 de outubro, realizouse unha formación para o alumnado voluntario da biblioteca. Explicóuselles o funcionamento da biblioteca, as normas, a distribución dos espazos e a colocación de fondos, funcionamento. A maiores que ao resto de alumnado do centro, a eles e a elas ensinóuselles a manexar o Meiga, para que poidan realizar empréstitos e devolucións e axudar así ao profesorado de garda.
Como novidade, este curso ponse en funcionamento a Aula de xogos que estará aberta dous recreos á semana e será vixiada polo alumnado voluntario, polo que se lles explicaron as normas da mesma, a organización e distribución dos materiais da mesma.


Ningún comentario:
Publicar un comentario