Neste ano do bosque a saída de fin de curso de toda Primaria e Secundaria foi ao Parque multiaventura Dakart, en Sanxenxo. Nel gozamos de moitas actividades como o tiro con arco, remar en canoa, tirarnos por unha tirolina, pero sobre todo do circuito entre as árbores, como non podía ser doutro xeito neste ano no que as árbores tiveron un papel tan importante no noso proxecto. Foi unha experiencia incrible que nos deixou con ganas de voltar. Foi un xeito inmellorable de rematar o curso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario