O ano do bosque en Bioloxía

 O alumnado de 1º ESO estivo a traballar sobre un aspecto fundamental para coidado dos bosques, a auga. Centráronse sobre todo na contaminación das mesmas e, para iso, os alumnos e alumnas elaboraron e presentaron diferentes traballos relacionados coa contaminación das augas e co tratamento das mesmas para o consumo humano:

•    Funcionamento dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR).

•    Funcionamento dunha estación de tratamento de augas potables (ETAP).

•    Contaminación por micropásticos.

•    Mareas negras.

Con esta acticidade preténdese concienciar da necesidade de evitar a contaminación ambiental.

Esta tarefa complementouse coa saída integrada no Proxecto Ríos de visita á estación de tratamento de augas do concello de Touro xunto co alumnado de 5º e 6º de Primaria.








Ningún comentario:

Publicar un comentario