O ano do bosque en 4º e 5º de Infantil

 O alumnado de 4º e 5º de Infantil estivo a traballar vario proxectos relacionados co bosque de forma conxunta. 
 
  As estacións:
 Decoración das vidreiras das aulas para traballar o vocabulario, cores e características de cada estación.





 Realizaron saídas pola contorna para coñecer as árbores, recoller follas e o seu froito. Con toda esa recollida de informació foron elaborando a súa propia guía de campo con todo o observado.
 Clasificaron froitos secos e carnosos aportados polas familias.
 O alumnado de 4º de Infantil elaborarou arañas con noces, fungos con rolos de cartón de refugallo e flores secas de carballo. Tamén decoraron mandalas de primavera, elaboraron receitas nas distintas estacións, crearon flores con cartón de refugallo e outras moitas manualidades!












































  No Samaín:
 O alumnado de 5º de Infantil elaborou unhas "Vasoiras varremedos" con xestas do bosque e crearon meigas estampando os pés e decorando con anacos de piñeiros recollidos na contorna.



 No Nadal:
 Realizaron bólas de Nadal con masa "Dacs", decorando cunha folla de carballo e de ciprés.
 Elaboraron unha postal de Nadal estampando unha folla de carballo americano.
 Decoraron a porta con elementos do bosque.
 Crearon adoronos con piñas.








 Polo día da paz crearon unha árbore da paz co símbolo da paz como froitos.


 Proxecto Fungos

 Dentro do proxecto Fungos estiveron a traballar distintos aspectos.
 Observaron e manipularon fungos da contorna (nísclos, cogumelos, macrolepiotas),
 Realizaron un experimento para observar as esporas.
 Elaboración dunha receita con cogumelos: pizza.
 Crearon o seu  propio libro dos fungos.
















 Proxecto "O lobo"

 Dentro deste proxecto realizaron varias actividades:
 Realización dun mural colectivo sobre o lobo ibérico e unha manualidade individual a partir dun rolo de papel hixiénico.





 Lectura de diversos contos sobre o centro de interese: La ovejita que vino a cenar, Feroces, Loboferoz...

 Elaboración de unha carauta de lobo.

 Montaron o seu "Libro do lobo" con todo o traballado ao longo do proxecto.


 Proxecto: "As aves"
 Traballaron a canción "O moucho", baseada nun poema de Rosalía de Castro e interpretada por Migallas.
 Elaboraron un niño para gardar os ovos de chocolate e que agasallaron ás familias.










 O alumnado de 5º de infantil realizou o "Proxecto arte" no que traballaron sobre o cadro de E. Munch O bosque encantado. 

 Proxecto "As formigas e os insectos"
 Este proxecto iniciouse con unha charla informativa sobre o coidado dun formigueiro e das formigas por parte dun alumno de primaria.
 Vistita dunha familia que trouxo un formigueiro caseiro elaborado por eles.
 Elaboración do ciclo de vida da formiga.
Creación do recuncho sobre o tema, no que as familias aportaron contos e libros informativos para ler na aula.
 Elaboración de un "lapbook" con información sobre as formigas.
 


 Disfrazáronse de insectos e realizaron un chaveiro con distintas especies.

 "A árbore das emocións"
 Polo Nadal o alumnado de 4º de Infantil creou a súa árbore das emocións. Cada neno e nena escribiu un desexo nunha bóla de neve coa súa imaxe.


 Proxecto "Intercambio de libros"

 Cada neno e nena da clase de 5º de Infantil aportou un libro sobre o bosque que lle pediron ao Apalpador. Na aula lérono entre eles, por parellas, na cabana.


 Para a celebración do Entroido do Bosque, na aula de 5º de Infantil realizaron un obradoiro coas familias para a elaboración dos disfraces de árbores. Posteriormente desfilaron cos disfraces que con pancartas que reivindicaban a plantación de árbores autóctonas galegas.
 Con motivo do 8M o alumnado preparó un una agasallos para as nais, avoas, irmás… con pólas e follas recolectadas pola  contorna.
 Realizaron unha árboles con fotos das mestras, coidadoras, conserxe… con todas as mulleres que os coidan durante a xornada escolar.
 O alumnado de 5º de Infantil elixiu animais do bosque como distintivo de cada grupo da aula.
 

 As familias tiveron, unha vez máis, unha participación moi activa nas actividades que se foron desenvolvendo ao longo do curso.
 Leron contos coa temática do bosque como Bosque, O Apalpador, Sons de animais do bosque, O grúfalo, El cocodrilo que vino a cenar...
 Cantaron cancións: Cu-cú cantaba la rana, Lobo¿dónde estás?
 Realizaron obradoiros sobre animais do bosque como a ra, un león elaborado con follas de carballo e follas de loureiro, lobo, ovellas...
 Elaboraron unha árbore de nadal con gomaeva e decorado con perlas.
 Levaron a cabo un xogo montessori sobre o bosque.
 Fixeron unha presentación sobre a elaboración dun formigueiro caseiro.
 Decoraron animais pegando flocos de arroz inflado por parellas.
 Montouse unha exposición coas distintas manualidades de árbores feitas a partir das "Mochila viaxeira".

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario