Mes das letras 2022

 O Día do libro marca o comezo do noso Mes das letras. Son varias as actividades que poremos en marcha, así que aquí volas deixamos:

ADOPTA UN LIBRO

 Cada neno e nena contará cun vale canxeable por un libro que atoparedes colocados enriba de dúas mesas. O alumnado baixará por quendas:

Primaria e infantil: nas súas horas de préstamo. Os nenos e nenas revisarán as mesas, se atopan un libro que lles guste sellaremos o vale co selo da biblioteca que está na mesa do ordenador e levarán o libro para as súas casas.

Secundaria: os alumnos e alumnas poden facer esta actividade nos recreos, nese caso o vale será selado polo profesorado de garda ou polo alumnado voluntario.



CONCURSO QUE LIBRO É?

 Nas diferentes seccións da biblioteca hai colocados uns paneis nos que atoparedes un fragmento da portada dun libro e un par de pistas. O alumnado ten uns folios cunhas táboas para cubrir que se poden atopar na mesa do ordenador da biblioteca, diferenciando infantil, primaria e secundaria. Unha vez cuberta a información entregaranse na biblioteca co nome do alumno ou alumna.

Infantil e Primaria: pasarán nas súas horas de préstamo.

Secundaria: Nas horas de titoría.

O prazo límite para participar neste concurso será o 20 de maio. Todos os participantes entrarán nun sorteo.



FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.

 Este ano o autor homenaxeado é o ouresán Florencio Delgado Gurriarán, nado na aldea de Córgomo, concello de Vilamartín de Valdeorras.

 Desde o EDL e o EB as actividades que propoñemos para os ciclos de infantil e primaria son as recollidas na páxina do Seminario Galán: http://www.seminariogalan.org/. Podedes atopar tanto actividades en liña como para imprimir. Se realizaces algunha non esquezades compartir algunha foto con nós que compartiremos nas nosas redes sociais: www.facebook.com/movealingua e www.instagram.com/movealinguatouro.

VISITA DA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ.

 Esta actividade está organizada para os cursos de 5º e 6º de primaria e para 3º e algúns alumnos de 4º da E.S.O.

A escritora visitáranos o 5 de maio e as sesións realizáranse en audiovisuais no seguinte horario:

5º e 6º de primaria: de 10:35 ás 11:25 horas,

3º e 4º da E.S.O.: 11:45 ás 12: 35 horas.


REPRESENTACIÓN TEATRAL DA AULA DO NOSO C.P.I.

O día 26 de maio:

1º-INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA: 10:35 ás 11.25 horas.

2º-3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA: 11.45 ás 12:35 horas.

3º-1º, 2º, 3º E 4º DA E.S.O.: 14.25 ás 15:15 horas.

VISITA Á EXPOSICIÓN DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN:

 No corredor en fronte de audiovisuais estará montada a exposición sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán. Cada titor/a visitará co seu alumnado no momento que considere oportuno.

 Moitas grazas pola vosa participación!







Ningún comentario:

Publicar un comentario