Grazas!! 536,36 grazas!!


Toda a comunidade educativa do CPI Fonte Díaz podemos sentirnos ben orgullosos. Coas nosas forzas unidas nunha dirección, a de recaudar fondos para que a ONG 'Save the children' poida asegurar a supervivencia de nenas e nenos menores de 5 anos en países como Etiopía, Níger ou Burkina Fasso asegurando o acceso á auga limpa e potable, entre todos e todas logramos recaudar unha boa cantidade para esta iniciativa. Nen máis nen menos que 536,36 euros!!

Milleiros de grazas!! Grazas ás familias pola vosa colaboración e apoio, grazas ao profesorado implicado polo voso traballo e grazas, por suposto, a todo o alumnado; sen vós nada desto sería posible.

Entre todos e todas podemos construir un mundo máis xusto...

GRAZAS!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario