Esta semana é a semana adicada á orientación, que se celebrará con varias actividades, e as alumnas e alumnos de Primaria estades de sorte. O Departamento de Orientación ten para vós un estupendo concurso; e faciliño ademáis. Un concurso de adiviñas! E ademáis un concurso de adiviñas moi profesional; todas as adiviñas son sobre profesións. Así de paso tamén podedes ir pensando a que máis os gusta e interesa a vós.
Pero imos co concurso...
Desde hoxe, domingo 7 de maio, ata o xoves 11 de maio, publicaranse no blog dúas adiviñas por día e haberá que tentar dar coa solución. Pero son doadas, xa veredes.
Como o concurso é cousa seria e os premios moi chulos, imos deixar as normas claras, parécevos? Pois imos aló!
1.- Só pode participar o alumnado de Primaria
2.- Serán gañadores ou gañadoras os tres alumnos/as que acerten máis adiviñas das 10 que se propoñan.
3.- Haberá tres categorías e unha gañadora ou gañador para cada categoría:
Categoría A- alumnado de 1º e 2º
Categoría B- alumnado de 3º e 4º
Categoría C- alumnado de 5º e 6º
3.- As solucións tendes que deixalas nas caixas que estarán colocadas xunto á entrada da sala de profesores.
4.- Só se admitirán as solucións respostadas nas papeletas a vosa disposición xunto ás caixas. E fixádevos ben porque non entrarán no concurso as papeletas con erros de ortografía.
3.- O prazo para entregar as respostas remata o luns 15 de maio ás 11:00 horas.
4.- A entrega de premios será o 15 de maio.
E xa está. Estas son as normas para participar. Se vos queda algunha dúbida, xa sabedes que sempre lle podedes preguntar á vosa profesora ou profesor.
Que? Anímaste?
Que? Anímaste?
Pois damos comenzo ó concurso xa coas primeiras adiviñas. A por elas!
ADIVIÑA 1
Nen torcida nen inclinada,
ten que estar a parede,
para iso teño plomada
e me axudo no nivel.
ADIVIÑA 2
En vez de dar, quita,
cobrando paguita.
MOITA SORTE A TODAS E TODOS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario