Outro ano mais a celebración do Día do Libro, Semana do Libro máis ben, veu cargada dunha chea de actividades. Aquí están...
- REPARTO DE TRÍPTICO LITERARIO E MARCA PÁXINAS -
Entrega das guías de lectura e marcapáxinas ao profesorado e resto da comunidade educativa. Os encargados, como non, uns entusiastas voluntarios.
- BOLETÍN-TRÍPTICO LITERARIO. 'CON NOME DE MULLER' -
O noso tríptico literario deste Día do Libro ven 'Con nome de muller' e cargado, como xa imaxinades, de boas recomendacións de libros escritos por mulleres... Botádelle un vistazo!
- MARCA PÁXINAS -
- PREMIOS 'PASAPORTES LECTORES' -
Sorteo e entrega de premios do Pasaporte lector e o reparto das guías de lectura e marcapáxinas entre o alumnado de Primaria e Secundaria. Noraboa!! Esperamos que vos gusten os agasallos...
- OBRADOIRO DE COLGADOIROS -
Obradoiro de colgadoiros para as portas co alumnado de Infantil e de 1°e 2°de Primaria. O encargado do Obradoiro foi alumnado voluntario. Regaláronselles en cartolina varios modelos de colgadoiros e elas e eles decoráronos con motivos do Día do Libro pola parte de atrás.
- AS FAMILIAS CONTAN -
Visita dunha mamá, Eva, á clase de 5º de Educaciñonn Infantil. Leulles 'A árbore da escola', un precioso conto de Kalandraka. Logo todxs illustraron o conto cunha manualidade.
- VISITA DE INFANTIL Á BIBLIO. 'CONTAR E CANTAR' -
Visita á biblio e a Lectouriña das rapazas e rapaces de Infantil. E que fixeron? Pois ver un bonito vídeo, 'Argine', cantar todxs xuntxs 'Que vivan los cuentos', coñecer a Quixote, Sancho Panza, Dulcinea, Rocinante e demáis familia, personaxes deste famoso conto universal, levar a estes personaxes para colorear con calma na clase coas profes...
- CINE E LIBROS -
Sesión de cine. Primaria gozou do cine con dúas películas que son adaptacións de grandes libros. Para 1°, 2°, 3° e 4° de Primaria, a divertida 'Matilda', e para 5° e 6°, a emotiva 'La ladrona de libros'. Os de Secundaria viron a exitosa 'Shakespeare in love'.
- AO AIRE, LIBRO -
Lecturas polo pobo e agasallo dunhas bonitas follas que esconden un segredo no seu interior: frases sobre libros e literatura.
- LIBRO LIBRE -
Liberación de decenas de libros polas rúas do pobo. Levan unha mensaxe de Lectouriña.
- DISPENSADORES DE FRASES E CITAS -
Reparto polos establecementos 'dispensadores' de frases literarias para cortar e levar para casa.
CERVANTES E SHAKESPEARE: Personaxes femininos
Murais elaboradose polos Departamentos de Lingua Castelá e Literatura e o de Inglés. E ademáis fixeron agasallo duns pins a todo o alumnado da ESO...
FELIZ DÍA DO LIBRO!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario