Na hora de titoría o alumnado de 4º ESO estivo a levar a cabo unha actividade sobre
as mulleres no deporte.
Consistiu na elaboración dun mural, estruturado en tres
partes:
- A primeira aborda as dificultades as que se enfrentaron as mulleres
para destacar no deporte, un mundo considerado exclusivamente masculino. Para
traballar esta primeira parte visualizaron un documental sobre Katherine
Switzer, a primeira muller que en 1967 correu unha maratón, carreira que ata
ese momento estaba reservada aos homes.
- A segunda parte estivo adicada a unha
galega que destaca nun deporte pouco valorado como é o fútbol feminino, Verónica Boquete. -
- Na última parte finalmente expuxéronse deportistas cun palmarés
destacado e que pola súa condición de mulleres non son xustamente recoñecidos
polos seus logros deportivos.
Unha moi interesante e enriquecedora actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario