Movidos polo vento


O mes de novembro foi o MES DA CIENCIA e un dos temas a desenvolver nas clases de Ciencia de Manuel foi o das espirais, coas que se traballou a secuencia de Fibonacci, a proporción áurea. 

Así o explica Manuel, o profesor...

A espiral de Fibonacci 


Para facer este  debuxo basearémonos na sucesión de Fibonacci


Cada arco de circunferencia que forma a espiral vai incrementando o seu raio sumando a lonxitude dos dous raios anteriores, igual que lle ocurre ós números de esta serie.

Nautilus
Na natureza atopamos estes números e estas figuras multitude de veces como por exemplo na distribución das follas nun talo, ou a disposición das pebidas na flor do xirasol, pero, posiblemente, o exemplo máis coñecido sexa o patrón de crecemento da cuncha dos moluscos, en especial o Nautilus.

Espirais penduradas na biblioteca enriba do radiador e en permanente movemento

O movemento

Colocado o aparello encima do radiador,  unha forza motora faralle dar voltas indefinidamente, este feito temos que relacionalo coas diferencias de temperatura dentro do recinto, a densidade  nos distintos puntos, e o movemento das masas de aire. Este fenómeno coñécese como 'correntes de convección'.

A brisa mariña, o ciclo da auga, ou a circulación xeral atmosférica baséanse neste feito.

Brisa diurna
Resultado de imaxes para brisa diurna
Brisa nocturna

O rozamento


O xiro das aspas do noso muíño retorce a corda que o soporta e acaba freando completamente o artefacto, porén decidimos colocar unha peza metálica na cima da corda, e un imán que soporte o peso total, contrarrestando a forza da gravidade. O punto de contacto do metal co imán é moi pequeno, e o conxunto  pode xirar case con total liberdade sen que se pare o muíño.

Orientarnos co compás, ou a produción de electricidade por indución electromagnética, cunha dínamo na nosa bicicleta, son algunhas aplicacións do magnetismo.

Espiral de Fibonacci



Ningún comentario:

Publicar un comentario