DÍA DAS BIBLIOTECAS


Estamos a celebrar nesta semana o Día das Bibliotecas. Onte tivemos xuntanza na biblioteca co alumnado de Primaria (unha pena que por un pequeno problemiña non teñamos ningunha foto...) e hoxe co de Secundaria, da que vos deixamos algunhas imaxes. 

Aproveitando esta celebración do Día das Bibliotecas fixemos a inauguración "oficial" do curso e da biblioteca tras as reformas. Falamos do proxecto deste ano no colexio, o Ano das Mulleres, repartíronse os marcapáxinas que fixemos para esta data e entregáronse ademais os Pasaportes lectores para que os vaian completando e poder gañar así estupendos agasallos. 





Falamos tamén de poesía e lemos entre todxs algúns bonitos e divertidos poemas. O lema nas bibliotecas escolares de Galicia este ano é 'Poéticas Diversas' e desde a nosa biblioteca faremos as nosas aportacións 'poéticas'. 





Por suposto, o alumnado de 5º, 6º de Primaria e de ESO puido apuntarse como voluntarixs para este curso. Houbo cola para anotarse así que teremos un equipo de axudantes moi grande; este ano será de récord. E coas mozas e mozos de Secundaria charlamos ademais do club de lectura Lectourxs, que comeza a semana que ven e no que temos unha alta participación como ven sendo habitual. 


Xa para rematar vimos xuntos o mini vídeo que podedes ver ao final desta entrada. 

O venres tocoulle ao alumnado máis miúdo, o de Infantil. Con elxs, ademais de gozar dalgún poemiña, estivemos a pintar Lectouriñas, a nosa mascota, para decorar a biblioteca. Estxs pequenxs son verdadeirxs artistas...


















BENVIDXS TODXS Á BIBLIOTECA!!! 

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario