Día do Libro 2016


Ola!

Como non podía ser menos, no colexio celebramos o Día do Libro por todo o grande, con proposta de lecturas por parte do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, e actividades varias organizadas polo Equipo de Dinamización da Biblioteca. O resultado podedes velo aquí en imaxes e en vídeos. Esperamos que vos gusten.

Aquí están, por exemplo, os rapaces e rapazas de 1º ESO lendo un fragmento de 'Memorias dun neno labrego', de Xosé Neira Vilas. Poñede os altavoces a todo volume para poder escoitalos ben...

 
E aquí o vídeo-resumo da exposición que se fixo na biblioteca cos libros traídos por profesoras e profesores do Centro: libros de valor pola súa antigüedade, exemplares de gran valor polo vencello afectivo con eles por motivos varios, libros curiosos, libros raros,... libros e máis libros! 
 
 
Tamén fixemos un vídeo para amosar as pequenas exposicións- Partes do libro, Historia do libro, Literatura universal-  e os elementos literarios cos que decoramos o colexio nestas datas...
 
 
E por último a presentación cos gañadores e gañadoras dos Premios Mellores lectour@s deste curso 205/2016. Noraboa!! A biblioteca púxose de festa...
 
 
 
Como vedes foi unha semana moi completa e chea de actividade. E é que no CPI Fonte-Díaz de Touro... encántannos os libros e a lectura!   
 
Saúdos de Lectouriña!

7 comentarios:

  1. Moi boo traballo, a seguir así!

    ResponderEliminar
  2. así me gusta, touro lector!!!!

    ResponderEliminar
  3. Damián Silva Sánchez6 de maio de 2016, 14:22

    A biblioteca esta moi currada, pero, despois de tanto traballar hai que descansar.
    Mellor imposible!!!

    ResponderEliminar
  4. este ano a biblioteca esta moi currada
    fanse uns eventos fantásticos e as instalacións de cerca tamén está moi decorada, por exemplo as escaleiras. Así da gusto!

    ResponderEliminar
  5. Ningún galego pode decir que é completamente galego se non leu "Memorias dun Neno Galego" de Xosé Neira Vilas.

    ResponderEliminar