Lecturas neste tercer trimestre: 'Dragal. A herdanza do dragón' e 'A rateira'


Ola!

Seguro que queredes saber con que lecturas andamos a voltas nestes últimos meses do curso no club de lectura, verdade? Pois aquí as tedes!

No club e lectura de 1ª e 2º estamos coa lectura de 'Dragal. A herdanza do dragón', de Elena Gallego Abad. Xa o comenzamos a disfrutar e aquí tendes un breve vídeo dun anaquiño dunha das sesións do club comentando os primeiros capítulos ao sol da primavera de Touro,
 

E seguiremos falando, claro...
 
E cos maiores? Pois con eles vamos comenzar co misterio que Agatha Christie- a prolífica escritora inglesa-  nos ten preparado na novela 'A rateira'. Na pasada sesión falamos do éxito das ininterrumpidas representacións teatrais desta novela no West End de Londres e noutros escenarios do mundo e vimos tamén e comentamos un vídeo sobre a biografía da autora e os misterios da súa desaparición. Queredes velo? Mirade mirade...

 
 Xa vos contaremos noutra entrada como vamos coas pesquisas detectivescas... Ah, e a semana que ven nos vos esquezades de volver  por aquí; teremos una sorpresa que estamos a preparar relacionada coa lectura anterior, "Bajo la misma estrella". Deica entón!  
 
Saúdos de Lectouriña!
 

4 comentarios:

  1. O LIBRO DE DRAGAL ESTÁ XENIAL.

    ResponderEliminar
  2. O libro de Dragal está moi ben e agora xa van facer a película, quen me dera dirixila!

    ResponderEliminar
  3. Damian Silva Sánchez6 de maio de 2016, 14:26

    Recomendo a toda a xente a que lea o libro Dragal

    ResponderEliminar