'Mecanoscrito da segunda orixe', de Manuel de Pedrolo (1)




Hoxe xuntámonos xa por segunda vez na biblioteca do centro para charlar sobre o libro que temos entre mans, 'Mecanoscrito da segunda orixe'. Trala entrega na primeira sesión das libretas de notas e os correspondentes exemplares do libro, de falar un pouco do autor e expoñer entre todos, coa axuda de imáxenes, o que entendemos por ciencia-ficción, nesta segunda xuntanza analizamos os dous primeiros cadernos: o Caderno da destrucción e da salvación e o Caderno do medo e do estrano. Lástima do pouco tempo co que contamos porque a historia de Alba, a valente protagonista, e de Dídac, necesita unha análise máis polo muido que veremos de facer en sucesivas reunións. 

Agora, o Caderno da saída e da conservación e o Caderno da viaxe e do amor agardan por nós.

Para aqueles de vos que pasades polo blog e nos líchedes esta novela deixámosvos a sinopsis, por se vos animades,
" 'Mecanoscrito da segunda orixe' conta a historia de Alba e Dídac, dous rapaces que sobreviven a unha catástrofe que fai do mundo un lugar desolado e infernal. Desde o espanto dos primeiros momentos, a parella irá evoluíndo e adaptándose ao novo contorno ata facer do amor o acontecemento central das súas vidas."
Aqueles de vos que queirades ir deixando as vosas opinións sobre o libro, sexades ou non membros deste Club, xa sabedes que estaremos encantados de que compartades con nós as vosas impresións. Eso sí, no deades información que poida estragar a lectura aos que aínda non remataron o libro. Grazas polas vosas aportacións. O blog aliméntase dos vosos comentarios...

Boa semana e boas lecturas!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario