Pois si, amig@s, xa temos un cadáver agardando a que Sherlock Holmes faga as súas pesquisas. O intelixente detective e o seu leal amigo, o doutor Watson, son requeridos para investigar a morte, un tanto estraña de . Un pantano, un perigoso e misterioso can, unha herdanza... e nós xunto cos protagonistas intentando resolver o crimen. Contamos, como Holmes, cunha lupa, coas dotes de observación e... coa nosa intelixencia, verdade?
Falamos nesta segunda xuntaza do acontecido nos cinco primeiros capítulos. Vamos xa cos cinco seguintes para a próxima semana. Como estivemos vendo, o plantexamento do problema está xa feito: que sucedeu, onde, a quen,...; agora vamos co nudo, coa acción 'in situ'. Holmes trasládase dende a súa casa en Londres ata a mansión dos Barkerville para levar a cabo de modo preciso, sen perder detalle, as pesquisas que lle leven a resolución do caso. Pero aínda hai moito que investigar ata daquela...
Deixamos a sinopsis para quen non pertenza ó Club e non coñeza aínda a historia. Ó mellor anímase a ler o libro, quen sabe?
" 'O can dos Baskerville' é unha nova aventura de Sherlock Holmes na que o enigma, o elemento central da historia, presenta características realmente interesantes, porque ó feito criminal vén a sumárselle unha maldición, unha lenda familiar, que envolve todo nun ambiente misterioso e fantástico. O gradual desenvolvemento da acción vai levando cara a unha explicación sobrenatural dos feitos, ata que finalmente o labor do detective conclúe coa explicación natural e lóxica do crime e de toda a cadea de pequenas incógnitas que se nos foron presentando..."
Despedímonos xa ata a próxima xuntanza, a terceira xa, pero antes queremos recordarvos que será un placer, para nós e para todo o que se pase polo blog, poder ler os vosos comentarios. Así que non sexades tímidos e ide deixándonos aquí as vosas impresións do que ides lendo... Grazas!
Boa semana e boas lecturas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario