Non foi malo, nada malo este ano no Club de lectura, a que non? Houbo, nas tres historias que compartimos, tenrura, algo de fantasía, aventura e viaxes, algún que outro enfado familiar (que quedou arranxado), risas, amizade, despedidas... Despedidas, por certo, como a que nós facemos hoxe dende aquí. Pero non é, nin moito menos, un adeus, é tan so un deica logo. No vindeiro curso volveremos a vernos e ler xuntos. @s de este ano e os novos amigos e amigos que se animen a acompañarnos. Virán moitas novas historias por contar.
E non esquenzades á nosa amiga, a lectura, nestas vacacións...
Ningún comentario:
Publicar un comentario