A nosa autora: Christine Nöstlinger.

Naceu en Viena no ano 1936, polo que na actualidade ten 77 anos. Dende pequena amosou un grande interese polo debuxo e a pintura, así que estudou Belas Artes.
 
A súa primeira obra foi un libro de debuxos que complementou con breves textos pero, sorprendentemente, este traballo tivo máis éxito pola historia que narraba que polos debuxos.
 
Christine atopou así a súa verdadeira vocación: a literatura infantil e xuvenil que complementa coas súas propias ilustracións.

Os seus temas favoritos son: a familia, a escola, as relacións entre os adolescentes e a amizade, sempre tratados de forma crítica e con sentido do humor. Ademais utiliza unha linguaxe coloquial e xuvenil que adoita conectar cos mozos e mozas.
 
Ten recibido numerosos premios literarios, entre eles o Premio Andersen, considerado o máximo galardón internacional de literatura xuvenil.

2 comentarios:

  1. Que pena que sexa o último libro, oxalá durase máis o club de lectura que este ano foi moi divertido cos libros que lemos.

    ResponderEliminar
  2. Que pena que sexa o último libro, oxalá durase máis o club de lectura que este ano foi moi divertido cos libros que lemos.

    ResponderEliminar