8M. Concentración

  O pasado venres, 7 de marzo, celebrouse unha concentración con motivo do Día Internacional da Muller no campo da festa de Fonte Díaz. Nesa concentración participou o alumnado e o profesorado do noso centro, así como parte da corporación municipal, usuarios do centro social e veciños e veciñas do concello. Un acto realizado en colaboración co concello, presidido por unha pancarta co lema Forza: substantivo feminino. Capacidade para vencer unha resistencia. Durante o acto, unhas alumnas de 4º da ESO leron un manifesto reivindicativo, interpretouse unha canción preparada polo Equipo de Igualdade en colaboración co mestre de música. A canción é unha versión da coñecida canción "Los días de la semana". Remataron o acto unhas alumnas de 4º da ESO interpretando varias cancións tradicionais coas súas pandeiretas. Un acto moi fermoso, moitas grazas a todos e a todas os que o fixeron posible!










Entroido da Historia

 Hoxe queremos compartir as actividades que se foron desenvolvendo con motivo do Entroido no noso cole.

 Neste Ano da Historia, moitas das actividades tiveron como temática a Historia. Así, en Infantil estiveron traballando os Entroidos tradicionais de Galicia, sobre todo Os xenerais da Ulla, e sobre os que vos deixaremos outra entrada no blog.

 Na semana de Entroido, Dona Meca deixounos uns mandados que fumos cumplindo.




 E despois de cumplir os mandados de Dona Meca, rematamos a semana co gran desfile do Entroido da Historia! Desfilaron viquingos, irmandiños, romanos, exipcios, persoeiros da Idade Media, indios, vaqueiros, hippies, piratas, voluntarios e voluntarias da recollida do chapapote do Prestige... Un día cheo de cor, de música e no que non faltaron os xenerais da Ulla. Un final perfecto para esta semana de Entroido!



































Día de Rosalía

  O pasado martes, 25 de febreiro, celebramos no noso cole o Día de Rosalía. Fixémolo, como xa é tradición gozando dun Caldo de Gloria e unha torta de aniversario no comedor. O menú ía acompañado dun marcapáxinas cun poema da autora que se agasallou a toda a comunidade educativa. Agradecemos dun xeito moi especial ao persoal de cociña e á encargada de comedor a súa colaboración para facer isto posible.




 Por outra banda, no ciclo de Educación Infantil colocaron a carta xeográfica de Domingo Fontán e situaron nel os lugares e edificios significativos para a escritora. Tamén realizaron carautas e aprenderon sobre o Caldo de Gloria.












Día da amizade

 O alumnado de 4º de Infantil estivo a traballar, con motivo do Día do amor e a amizade, o mito de Cupido e Psique. Fixeron as súas frechas e unha coroa que decoraron con pegatinas e corazóns feitos coa pegada do dedo. Decoraron as fistras con vidrieiras de corazóns e tamén recreaton o cadro da Bailarina de Joan Miró-







Novidades

 Hoxe queremos compartir as novas incorporacións á nosa biblioteca, algunhas delas para adultos, todas moi interesantes. Agardámosvos na biblio!