8M. Concentración

  O pasado venres, 7 de marzo, celebrouse unha concentración con motivo do Día Internacional da Muller no campo da festa de Fonte Díaz. Nesa concentración participou o alumnado e o profesorado do noso centro, así como parte da corporación municipal, usuarios do centro social e veciños e veciñas do concello. Un acto realizado en colaboración co concello, presidido por unha pancarta co lema Forza: substantivo feminino. Capacidade para vencer unha resistencia. Durante o acto, unhas alumnas de 4º da ESO leron un manifesto reivindicativo, interpretouse unha canción preparada polo Equipo de Igualdade en colaboración co mestre de música. A canción é unha versión da coñecida canción "Los días de la semana". Remataron o acto unhas alumnas de 4º da ESO interpretando varias cancións tradicionais coas súas pandeiretas. Un acto moi fermoso, moitas grazas a todos e a todas os que o fixeron posible!










Ningún comentario:

Publicar un comentario