Día de Rosalía 2023

  Un ano máis, celebramos o Día de Rosalía! Gozamos no comedor do, xa tradicional, caldo de gloria (acompañado dun marca-páxinas co poema e unha imaxe de Rosalía agasallo do centro) así como da torta de Rosalía.





 Este ano, as actividades propostas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega estiveron enmarcadas no lema #cumpriuseaxustiza.
 Así, o alumnado de Infantil fixo unha colaxe co rostro de Rosalía e xogando con imaxes que tiñan relación cos sentimentos, as emocións e cousas que están a acontecer no mundo.


O alumnado de Primaria e de Secundaria creou poemas, 





 e crearon colaxes coa pregunta "Que diría Rosalía?" ante conflitos bélicos de hoxe, a inmigración no mundo, da explitación no traballo, os prezos da vivenda...













 Moitas grazas a todos pola colaboración!

Entroido mariño

  O venres 17 de febreiro celebramos o noso "Entroido mariño"!
 O venres anterio a nosa Dona Meca indicounos os mandado que tiñamos que cumplir ao longo da semana de Entroido.


 Por fin, o venres 17, celebramos o noso entroido. Este ano, despois de dous cursos marcados polas restriciións, recuperamos o tradicional desfile polas rúas de Fonte Díaz. O día acompañou e, tanto o cole como as rúas, enchéronse de medusas, piratas, mariñeiros, seres mitolóxicos mariños como sereas e Medusas, peixes, gondoleiros, mergulladores e toda clase de personaxes relacionadas co mar. Foi, sen dúbida, unha xornada inesquecíbel!