8 DE MARZO. DÍA DA MULLER.



CON LETRA DE MULLER - Unhas en pixama, outros con mandil e gorros varios anticipando o Entroido pero preparándonos xa para o 8 de marzo, o Día da Muller... 



BIOGRAFÍAS - A muller segue sendo a protagonista no noso centro. O alumnado de 3° e 4° de Primaria traballou moito e ben nas biografías de mulleres relevantes. É nós, co gallo do 8 de marzo, expuxémolas na biblioteca para ser lidas por todas e todos. 













CLUB DE LECTURA 3º E 4º ESO (CUARTA SESIÓN). CLUB DE LECTURA DE 1º ESO (TERCEIRA SESIÓN)



Esta semana no club de lectura de 1° - 'A balada dos unicornios' - tocou falar un chisco dos novos capítulos lidos e xogar a 'Personaxe misterioso'

Logo, entrega de premios ao equipo gañador (a verdade é que houbo lambonadas para todxs) e foto con sorriso antes da despedida. 


E no de 3°e 4°- 'O que sei do silencio' - estamos a piques de rematar xa a lectura. Estivemos a falar e comentar dándolle voltas á confesión do acoso escolar a Silke e o perigo do silencio. Vémonos de novo en 15 días... 



CHARLA E EXPOSICIÓN SOBRE OS XENERAIS DA ULLA


Interesantísima a exposición  e moi amena charla a de Iria sobre os Xenerais da Ulla con Sheila e Uxía, de 1º e 3º da ESO, vestidas para a ocasión... 

Arriba as xeneralas!! 

















'MES DE ROSALÍA, MES DA POESÍA'





ROSALÍA


Este é o video do poema de Rosalía 'Miña casiña, meu lar'Moitas grazas a todas as familias que vos animástedes a participar e vos sumástedes a esta homenaxe feita con todo o respecto e agarimo á nosa poeta por excelencia. Grazas.



O mural de Rosalía que está pendurado cerquiña da biblioteca. Está feito coas cariñas de todo o alumnado do colexio... e con moito cariño. 



As pequenas e pequenos de Infantil viñeron á biblioteca a ver o vídeo-homenaxe feito polas familias- fíxolles ilusión verse-, un divertido vídeo dos Bolechas 'Rosalía e os Bolechas', e a cantar. En definitiva, a recordar a Rosalía... 














Menú 'rosaliano' no comedor, como ten que ser: o 'caldo de groria' do poema-estrela no cole este mes e un doce homenaxe... 







1º de Primaria recordando a Rosalía de Castro... 




MALETAS VIAXEIRAS DA POESÍA

INFANTIL E PRIMARIA

-Infantil-

Lecturas, diversión, recitado e manualidades con algunha das historias. As maletas viaxeiras dan para moito...
































-1°e 2° de Primaria-

 Ata a mascota se animou a ler coa profe...







   














-6° de Primaria-



















MALETAS VIAXEIRAS DA POESÍA 
SECUNDARIA

-1º ESO-

Na Hora de Ler e na clase de Lingua Castelá. 



















-2º ESO- 

'A poesía é o alimento da alma'


















-3º ESO-