Samagosto. Cabazas Musicais

 Neste Ano da Música lanzamos o reto ás familias de realizar Cabazas Musicais e, un ano máis , superaron o noso reto de sobra, polo que non podemos facer máis de darvos os nosos parabéns! Houbo intrumentos de todo tipo (gaitas, pandeiretas, tambores, guitarras, pianos...), grupos musicais e intérpretes en solitario (Kiss, Backstreet Boys, Michael Jackson, Elvis...), compositores (Mozart na súa casa), festivais de música, orquestras, discotecas, bailaríns, pandereteiras e ata o profe Gonzalo! Todas verdadeiras obras de arte, moitisimas grazas pola vosa colaboración, superádesvos cada ano!












































Pasaportes lectores

 Hoxe queremos compartir con vós os pasaportes lectores deste curso. Dende hai uns anos temos dous pasaportes, un no que se anotan todas as lecturas que se levan a cabo ao longo de todo o curso e outro temático, no que se consignan só libros relacionados co PDI de centro, este ano A música.

Lembrade que podedes cubrir os vosos pasaportes e entregalos na biblio ata o mes de abril, así que agardámosvos na biblio con moitas suxerencias de lecturas!

Pasaporte lector



Pasaporte temático










Día das bibliotecas 2025

 O pasado venres celebramos o Día das bibliotecas e fixémolo, como xa vén sendo tradicional, coa inauguración oficial do curso na biblio. Presentamos o PDI de este curso, A música, fixemos entrega dos pasaportes lectores e as voluntarias e voluntarios da biblioteca entregaron as mochilas viaxeiras a todos os cursos. Recordamos tamén as normas de uso e funcionamento, así como a distrubución da biblio, sobre todo para o novo alumnado e ata houbo tempo para algún conto de medo, aproveitando a proximidade do Samaín.

Así que, xa sabedes, vémonos na bilio!