Na semana do 25N o alumnado de Infantil participou en un obradoiro sobre a igualdade. Traballaron o conto "Presentes", que serviu de base para falar do que estaba ben e do que estaba mal. Despois, entre diferentes imaxes, tiñan que seleccionar as boas accións. Por último, elaboraron o decálogo do Bo trato. Unha actividade moi interesante e enriquecedora!
Contos pola Igualdade
O pasado xoves, 23 de novembro, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria saiu á Casa da Cultura do concello de Touro para asistir a representación teatral "Contos pola Igualdade" na que gozaron coa vida e obra de Rosalía de Castro. Moitas grazas ao concello pola organización desta actividade.
Depende dos dous
Con motivo da celebración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado de primaria estivo a ensaiar a canción "Depende dos dous", adaptada de "Depende de los dos", canción creada por dous centros educativos en 2018 para traballar a coeducación. Durante as semanas previas ensaiaron a canción co mestre de Música e despois montou este fermoso videoclip, polo que queremos agradecer o seu fantástico traballo. Esperamos que vos guste tanto como a nós!
Conta contos "Conte avec moi"
O pasado xoves, 2 de novembro, o alumnado de francés de Secundaria, recibiu a visita de Samuel Mountoumnjou, quen realizou un taller de conta contos con eles. Falaron de aprender a escoitar (nas linguas e na vida), da amizade, da tolerancia e da astucia. Aprenderon nomes de animais e coñeceron países de África onde se fala francés. De novo foi unha visita moi enriquecedora para tod@s!
Visita de Cibrán Santamarina
O pasado venres, 10 de novembro, o alumnado de 4º e 5º de primaria gozou da visita de Cibrán Santamarina, licenciado en Física, dentro das actividades do Mes da ciencia en galego. Faloulles sobre o concepto de Física, grandes físicos da historia, a composición da materia e outros temas vencellados á Ciencia dun xeito ameno e lúdico, mantendo a atención constante do alumnado.
Portas de Samaín
O alumnado de Secundaria decorou as portas das súas aulas para celebrar o Samagosto e fixérono tan ben que as voluntarias da biblioteca encargadas de elixir a ganadora tivérono moi difícil. O resultado é terrorífico! Vós que opinades?
Club de lectura. Comezamos!
Comezamos as reunións do club de lectura. Despois de colocar os carteis anunciando o comezo do curso e de pasar polas aulas falando do mesmo, este curso contamos con dous grupos do noso club de lectura Lectour@s. Na primeira reunión de cada grupo repartimos as lecturas para este trimestre, relacionadas co PDI de centro "O bosque". Así, o grupo de 3º lerá "El paso del oso" e o de 1º/2º "Leñadoras". Esperamos que gocen coas obras elixidas.
Segue aberto o prazo para anotarse, se estás interesado/a pásate pola biblio, agardámoste!





















































