Comezamos as actividades do Mes da ciencia en galego e fixómolo coa videoconferencia "A física de partículas no século XXI". Impartida polo DR. Diego Martínes Santos, investigador Oportunius no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e Premio 2013 da Sociedade Europea de Física ao mellor físico novo de Europa, estivo dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO.
Pasaportes lectores
O Día das bibliotecas fixemos entrega dos pasaportes lectores. Este curso, como o curso pasado, foron dous os creados, un xeral, para anotar todos os libros lidos ao longo do curso e outro temático, para anotar todos os libros lidos, pero relacionados co proxecto do curso:"O bosque". Queremos compartir os dous modelos, por si os necesitades. Tamén os podedes atopar na biblio, así que xa sabedes, agardámosvos!
Pasaporte lector
Samagosto
O martes, 31 de outubro, celebramos o noso tradicional Samagosto. Houbo disfraces terroríficos, xogos, festas, conxuros e, por suposto, castañas asadas. Unha xornada diferente e moi divertida na que mesmo o tempo acompañou.
Cabazas do bosque encantado
É tempo de Samagosto! e como non podían faltar as cabazas nin as lecturas terroríficas. Este ano, no que estamos a traballar "O bosque", a proposta foi "Cabazas do bosque encantado". Propúxoselles o reto ás familias de crear cabazas baixo ese lema, aproveitando materiais do monte e inspirados en animais dos bosques, casas enmeigadas, seres mitolóxicos que os habitan, e nolas fixesen chegar para montar unha exposición con todas elas. O resultado non pode ser máis fermoso, un conxunto de obras mestras que superaron as nosas expectativas. Moitas grazas pola vosa colaboración! Deixámosvos as fotos para que xulguedes por vós mesmos.






.png)












































