Apadriñamentos lectores

 O mércores, 26 de abril, celebramos os apadriñamentos lectores, dentro das actividades do Mes das letras.

É unha das actividades que máis gozan pequenos e maiores. O alumnado voluntario da biblio foi o encargado de ler libros ao alumnado de infantil. Aproveitamos unha pausa da chuvia para facer as lecturas no patio. O alumnado de infantil, divido en grupos de tres, escoitou con gran interese os libros que leron os voluntarios e voluntarias, que agardaban esta actividade con moita ilusión. O alumnado voluntario foi rotándose polos grupos, así os nenos e nenas de infantil puideron escoitar varias historias, e fixeron as lecturas con gran entusiasmo, realizando un gran traballo. Parabéns a todos e a todas!


















Colgadoiros mariños. Mes das letras.

 Hoxe queremos compartirvos os fermosos colgadoiros mariños que elaboraron os alumnos e alumnas de infantil, coa axuda das súas mestras, con motivo do Día do libro. Quedáronlles preciosos!






Día do libro 2023

  Comezamos o noso mes das letras coa celebración do Día do libro. Fixémolo coa entrega dos premios aos pasaportes lectores, os pasaportes temáticos, a máis lectora e as portas do mar. Dúas voluntarias da biblio foron as encargadas de presentar o acto e facer entraga dos distintos premios. Foi unha xornada de gozo! Parabéns a todos e a todas as premiadas, moitas grazas pola participación tan entusiasta en todas as actividades que plantexamos dende a biblioteca, estamos moi orgullosas!


















Maleta mariñeira

  Durante as últimas semanas o alumnado de infantil e primaria gozou da maleta viaxeira cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), a "Maleta mariñeira", e de todo o seu contido. Gustáronlles especialmente todos os exemplares que falaban do coidado do mar, pero todo o contido xerou gran interese, polo que agradecemos ao CEIDA esta oportunidade. Repetiremos seguro!












Día da poesía

  Un ano máis celebramos o día da poesía cun recitado dirixido aos residentes de “Los Tercios”, a residencia de maiores de Touro. O poema elixido foi “Rosaura e o mar” de Isabel Blanco. 

 Unha vez visualizado, dende a residencia fixéronnos chegar unhas agarimosas palabras, tanto da dirección  como das traballadoras e dos residentes, para agradecer o traballo dos voluntarios e voluntarias e que todos gozaran do noso poema do mar. 

Moitas grazas por esta fermosa acollida!


Charla Daniel Asorey

  O pasado martes, 28 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de primaria gozou dunha conversa sobre poesía, maxia e o poder da imaxinación co noso compañeiro e escritor Daniel Asorey. Moitas grazas, Daniel, por contaxiarnos o teu entusiasmo! Repetiremos seguro!