JOURNÉE GASTRONOMIQUE. FROITAS EN FEMININO


A Xornada Gastronómica (JOURNÉE GASTRONIMIQUE) que ven organizando cada ano o departamento de francés tivo lugar hoxe cos deliciosos postres preparados polo alumnado de 1°e 2° ESO e as súas familias. 

Moitas grazas!! Un verdadeiro pracer, e nunca mellor dito.







  















'LEÑADORAS' NO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO


Comezamos hoxe no club de lectura de 1º ESO coa novela gráfica 'Leñadoras'. Tívonos tan engaioladxs coa lectura que nin tempo nos dou a facernos unha foto... Boa sinal! Moi boa!!

Do que si nos lembramos foi de repartir, camo sempre os marcapáxinas, e petiscar uns doces. 




'DI NON AO ACOSO ESCOLAR'. VÍDEO DO CLUB DE LECTURA DE 3º/4º ESO

E este é o vídeo que fixemos hoxe, DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR, no club de lectura de 3°e 4° ESO unha vez rematada a lectura de 'O que sei do silencio', de Andrea Maceiras...





MALETAS DA INCLUSIÓN


As maletas da inclusión empezaron o seu percorrido polas clases de Primaria xa fai un par de días. Aquí as mozas e mozos de 2° gozando das moitas e preciosas historias que garda... 


 

A MALETA DA INCLUSIÓN XA CHEGOU!!


Xa está con nós a Maleta da Inclusión!!Percorrerá as aulas de Primaria e Infantil antes de continuar o seu camiño por outros colexios. 

Aquí están as pequenas e os pequenos de 2º de Primaria gozando das moitas historias que garda...






5º E 6º DE PRIMARIA COÑECENDO O PATRIMONIO CULTURAL DE TOURO


O alumnado de  5°e 6° de Primaria fixo hoxe un bonito percorrido polo patrimonio cultural de Touro da man do mestre Darío: o petróglifo de Circes, o castro en Calvos, un muíño en Rilo e o pazo de Andeade. 
























NOVIDADES SEN PARAR... QUE SEGUEN A CHEGAR Á BIBLIOTECA



Seguen a chegar novidades á biblioteca. Aquí van algunhas das últimas...