25N

  O venres foi o 25N, o Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller e, no noso cole, quixemos darlle visibilidade con distintas actividades. O alumnado de 4º da ESO, coa axuda da súa titora, preparou uns obradoiros que se levaron a cabo co alumnado de Infatil e Primaria.

 En Infantil, 1º e 2º de Primaria visualizaron unha montaxe con ditintas situacións e, cunhas mans de cartolina que eles tiveron que pintar, sinalaban aquelas situacións que eran igualitarias (levantando a man de cor morada) ou non igualitarias (levantando a man de cor vermella). Para ver mellor a presentación levaban postos uns anteollos de cor morada.






 O resto dos curso de Primaria comezaron escoitando todos xuntos a canción "La puerta violeta" de Rozalén (que traballaron ao longo da semana coa axuda do mestre de música). A continuación foron ás aulas donde colorearon portas violetas nas que escribiron fraxes relacionadas coa igualdade.







 Moitas grazas por tanto esforzo e entusiasmo para facer desta unha xornada tan especial. Parabéns ao alumnado de 4º da ESO que realizou un gran traballo e que, ademais agasallaron a todo o alumnado con unha chocolatina.

 Por outra banda, estivemos traballando os contos "O peixe Arcodavella", de Marcus Pfister, en Infantil:



 "Nadarín" de Leo Lionni e "A cuadrilla dos 11" de Rocío Bonilla en Primaria:



 E "A promesa do cabezolo" de Jeanne Willis e Tony Ross en Secundaria.









Videoconferencia- Mes da ciencia en galego

 Onte, dentro das actividades do Mes da ciencia en galego, o alumnado de 3º e 4º da ESO participou nunha videoconferencia "Mergullámonos no océano do futuro" impartida por Emilio Fernández, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo e que foi de gran interese.






Saídas de ciencia!

  Coincidindo co Mes da ciencia en galego, no noso centro realizáronse varias saídas relacionadas coa ciencia en galego. Da saída dos cogomelos xa vos falamos nunha entrada anterior, pero hoxe imos falrvos de dúas novas:

  • O alumnado de 1º da ESO  realizou unha saída acompañados por dous membros da asociación ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) para coñecer o estado dos ríos da contorna, neste caso o Lañas e o Portapego.





  • Visita ao Museo de Historia Natural do alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria:






Exposición libros

 Durante o mes de novembro, Mes da ciencia en galego, nos expositores da biblioteca atopamos unha selección de libros sobre esa temática para visualizar o mesmo. Esperamos que vos sexan de axuda.





Ángeles Alvariño no Mes da ciencia en galego

 Este ano, o Mes da ciencia en galego está adicado a Ángeles Alvariño. Por iso, neste ano d"O mar" quixemos investigar un pouco máis sobre esta oceanógrafa galega. Preparamos unha exposición con libros sobre a súa figura para que servisen de inspiración ao alumnado de 3º da ESO ao que as profesoras dos departamentos de Bioloxía e Física e Química propuxo a creación de "Lap books" coa información que atoparan sobre ela. Unha vez realizados, os "Lap books" foron expostos na entrada da biblioteca para seren compartidos con todo o alumnado do centro. Acompaña estes traballos un cartel, feito con material de refugallo por alumnado do centro, no que aparece reflectido o "Sarsia", buque no que Ángeles Alvariño realizou varias campañas (sendo a primeira muller a bordo dun buque de investigación británico). Os alumnos e alumnas de 3º da ESO realizaron un gran traballo, parabéns!









20 anos do "Prestige"

Este mes de novembro cúmprense 20 anos da traxedia do "Prestige". Coincidindo co noso ano adicado ao mar, quixemos recordalo para que o noso alumnado coñecese a magnitude da traxedia. Para iso, neste mes da ciencia en galego, estívose a traballar desde ese aspecto nas áreas de ciencias, bioloxía e física, pero tamén cunha exposición con portadas da época e unha montaxe de vídeo donde se podían visualizar imaxes da traxedia, pero tamén da marea de solidariedade que xerou. Así mesmo, o cartel que preside a entrada do colexio, realizado polo departamento de Tecnoloxía, foi convertido nunha homenaxe aos mariñeiros que, coas súas mans espidas, trataron de conter a marea negra, uníndonos ao berro... Nunca máis!









Cogomelos

 O mes de novembro é o Mes da ciencia en galego e son varias as actividades que se están a desenvolver no noso centro ao redor desta conmemoración. Pouco a pouco iremos compartíndoas todas. Comezamos coa xa tradicional recollida de cogomelos. 

 O pasado xoves, 10 de novembro, o alumnado de 4º da ESO, acompañado por Cecilia, antiga profesora do centro, realizou a saída para recoller cogomelos para logo clasificalos e realizar a exposicicón con todos os exemplares recollidos. Foi unha xornada moi produtiva!