Cogomelos

 O mes de novembro é o Mes da ciencia en galego e son varias as actividades que se están a desenvolver no noso centro ao redor desta conmemoración. Pouco a pouco iremos compartíndoas todas. Comezamos coa xa tradicional recollida de cogomelos. 

 O pasado xoves, 10 de novembro, o alumnado de 4º da ESO, acompañado por Cecilia, antiga profesora do centro, realizou a saída para recoller cogomelos para logo clasificalos e realizar a exposicicón con todos os exemplares recollidos. Foi unha xornada moi produtiva!













Lectour@s, comezamos!

 Comezamos as reunións do club de lectura! Durante as primeiras semanas de clase animamos ao alumnado de Secundaria a anotarse no club, visitando as clases e tamén con cartelería, e por fin anunciamos o comezo das reunións


 O día 27 de outubro reuniuse o club de 1º da ESO. Fixemos a presentación do club, da coordinadora, falamos do calendario e repartimos os libros, que este ano están relacionados co proxecto de centro "O mar". Comezaremos con "A negrura do mar" posto que neste mes de novembro cúmprense 20 anos do naufraxio do Prestige.




O día 4 de novembro reuniuse o club de 2º da ESO. A dinámica foi a mesma que na sesión de 1º, presentación da coordinadora, dinámica do club e reparto de libros. Neste caso a obra elixida é "Ons".


 Aínda estade a tempo de participar, agardámosvos!


Samagosto

É tempo de Samagosto!

Un ano máis, este xa sin restricións, celebramos o noso tradicional Samagosto con distintas actividades:

  • Convocamos ao alumnado de Infantil e Primaria a que nos sorprendesen coas súas "Cabazas mariñas", coas que montamos unha impresionante exposición:

























  • Ao alumnado de Secundaria animámolo a escribir os seus propios relatos de medo.
  • O alumnado voluntario de 3º da ESO, dentro da materia de Oratoria, fixo unha presentación ao alumnado de 1º e 2º de primaria sobre seres mitolóxicos galegos que foi moi interesante:




 E chegou o gran día! O xoves 27 celebramos o noso Samagosto. Houbos disfraces terroríficos, menú especial no comedor, castañas asadas e xogos no patio. Foi unha gran xornada!