Cine bíblico

  Neste ano de cine tamén a área de Relixión e Moral Católica de primaria tivo ocasión de traballar actividades relacionadas co proxecto de centro. 

  • Historia do nacemento de Xesús a través da película "Natividad: la historia" dirixida por Catherine Hardwick.
  • Historia de Xesús a través da película "El hombre que hacía milagros" dirixida por Derek E. Hayer e Stanislav Sokolov.
Estas dúas foron visualizadas polo alumnado de 6º previa lectura de textos relacionados cos acontecementos que se relatan nas mesmas para despois realizar unha posta en común sobre as súas impresións sobre as mesmas.

  • Historia de Moisés a través da película "El príncipe de Egipto" dirixida por Brenda Chapman, Simon Wells e Steve Hickner por parte do alumnado de 3º e 4º de primaria, previa lectura dos textos relacionados coa vida de Moisés. Ao rematar postas en común das súas impresións e debuxo dun cómic.
























































Apadriñamentos lectores

  Con motivos do "Mes das letras" unha das actividades que máis gozar os nosos alumnos e alumnas foros os, xa tradicionais, "Apadriñamentos lectores". O día 27 de abril, aproveitando o bo tempo, leváronse a cabo no patio estes apadriñementos. O alumnado voluntario de 5º e 6º de Primaria leu ao alumnado de Infantil contos que foran, na súa maior parte, levados ao cine. O alumnado voluntario puxo o mellor da súa parte e o alumnado de Infantil beneficiouse do seu entusiamo. Remataron todos moi contentos e xa están desexando repetir a experiencia!




Un ano de cine, Inglés Primaria

  Ao longo deste curso o alumnado realizou traballos relacionados co proxecto "Un ano de cine" nos diferentes cursos na área de Lingua estranxeira, inglés.

  • Visualización de distintas películas ao longo dos trimestres, traballando no coñecemento das diferentes temáticas das películas así como do xénero e os actores principais. 
  • No curso de 6º de primaria aproveitaron para empregar a radio do colexio e facer entrevistas co alumnado na que presentaban a súa película favorita, daban a coñecer o xénero da película, os actores principais, un breve resumo e unha valoración personal. Esta actividade foi moi productiva e ademáis contaron coa axuda do auxiliar de conversa que traballou a diario con eles na elaboración deste proxecto. Agardamos poder escoitar moi pronto os resultados do mesmo. Parabéns!







As nosas pelis favoritas, 6º de Educación Infantil

  O alumnado de 6º de infantil desenvolveu, ao longo de todo o curso, a actividade "As nosas pelis favoritas".  Os nenos e nenas fóronse turnando para traer a súa peli favorita ao cole; o día do visionado da mesma todos "compraban" as súas entradas e palomitas no posto de venda, gozaban da película todos xuntos e despois realizaban unha ficha técnica da mesma. Pouco a pouco foron completando un mural coa portada das xa visionadas que decoraba a aula. Así mesmo servíronse de diferentes personaxes cinematográficos para nomear os grupos de clase e o cine terá un papel protagonista na cerimonia de graducación do final da etapa para estes nenos e nenas. Parabéns por todo o traballo levado a cabo!









Fin do mes das letras

  Rematado o Mes das letras queremos agradecer a todos e a todas o que vos pasastes pola biblio ao longo destas semanas. Tanto alumnado como persoal docente e non docente foise achegando á biblio para participar na actividade de "Adopta un libro" co que conseguimos dar unha nova oportunidade a moitos dos fondos que foron retidados da biblio, así que moitas grazas!

 Tamén foron moitos os que participaron na actividade "Que libro é?", os ganadores sortearanse, entre todos os que descubriron os libros, o último día de clase, así que moita sorte a todos!
















Historias disparatadas

 O día 26 de maio remataron, por todo o alto, as actividades do Mes das letras. Os encargados de facelo foron os alumnos e alumnas da aula de teatro do noso cole, co seu profe Alfonso á fronte, coa obra "Historias disparatadas" que representaron ante todo o alumnado do centro. Sen dúbida contamos cunha importante canteira de artistas que fixeron disfrutar a grandes e pequenos por igual. Parbéns por ese gran traballo!!










O mundo Disney

  Compartimos agora o traballo levado a cabo polas áreas de P.T e A.L co seu alumnado neste "Ano de cine". Partindo do tema de interese do alumnado primeiro fixeron unha selección de películas de animación. Unha vez visionada na aula a película elixida, procedíase a unha reflexión da mesma e á recopilación sobre papel de diferentes apartados cos aspectos máis importantes: personaxes, breve descrición, debuxo da escena favorita... O obxectivo foi crear unha breve enciclopedia e manual para a consulta do alumno, reforzando a motivación por aprender e potenciando as fortalezas do noso alumnado. Foi, sen dúbida, un gran traballo!





Un ano de cine no Departamento de Tecnoloxía

  Continuamos a mostrarvos as actividades que foron desenvolvendo ao longo do curso relacionadas co proxecto "Un ano de cine". Nesta ocasión compartimos as actividades do Departamento de Tecnoloxía. 

  •  Os carteis que decoran a entrada do cole e a biblioteca:


  •  Programación con SCRATCH dun despacho de de venda de entradas dun cinema. O punto de partida era simular o despacho de venda onde un cliente pedise cantidade de entradas e o vendedor lle indicase o que costarían. O programa debería ir descontando do total de capacidade do cinema as entradas que se ían marcando e en canto estivesen todas vendidas debería poñer o letreiro de "Todo vendido". A maiores podían complicar o programa tanto como quixeran: contar coa posibilidade de que o cliente pedise máis entradas das que quedasen, escoller entre varios filmes de distintos prezos, rebaixa por familia numerosa, cálculo da recadación, sorteo dunha entrada gratuíta e todo aquilo que se lle ocorrese ao alumnado