Visita Antía Yáñez

  O xoves, 5 de maio, tivemos a sorte de contar coa visita no noso centro de Antía Yáñez. Catro voluntarias e voluntarios da biblioteca foron os encargados de recibila, acompañárona a visitar a nosa biblio e faláronlle das actividades do Mes das letras antes de dirixirse á audiovisuais donde tivo lugar a charla. Os beneficiarios da mesma foron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria, aos que falou de "Plan de rescate", e os de 3º da ESO, aos que falou sobre "Be water". Foi unha conversa moi dinámica, o alumnado estivo moi pendente das súas palabras e ao rematar fixeron preguntas moi intersantes. Moi amablemente firmou exemplares do seu libro e mesmo adoptou un libro dentro da nosa actividade "Adopta un libro". Foi unha xornada moi enriquecedora que gozaron todos. Agardamos poder contar con ela en próximas ocasións!
















Roteiro literario por A Coruña

  O día 5 de maio, os alumnos e alumnas do club de lectura, realizaron unha saída a A Coruña na que estivo incluído un roterio literario pola parte antiga da cidade no que puideron pasear con tranquilidade e coñecer un pouco máis desta parte da cidade. Achegáronse tamén ata a Torre de Hércules, aproveitando o bo tempo da xornada e despois gozaron de tempo libre. Foi unha xornada moi divertida e que se fixo curta!







Mes das letras 2022

 O Día do libro marca o comezo do noso Mes das letras. Son varias as actividades que poremos en marcha, así que aquí volas deixamos:

ADOPTA UN LIBRO

 Cada neno e nena contará cun vale canxeable por un libro que atoparedes colocados enriba de dúas mesas. O alumnado baixará por quendas:

Primaria e infantil: nas súas horas de préstamo. Os nenos e nenas revisarán as mesas, se atopan un libro que lles guste sellaremos o vale co selo da biblioteca que está na mesa do ordenador e levarán o libro para as súas casas.

Secundaria: os alumnos e alumnas poden facer esta actividade nos recreos, nese caso o vale será selado polo profesorado de garda ou polo alumnado voluntario.



CONCURSO QUE LIBRO É?

 Nas diferentes seccións da biblioteca hai colocados uns paneis nos que atoparedes un fragmento da portada dun libro e un par de pistas. O alumnado ten uns folios cunhas táboas para cubrir que se poden atopar na mesa do ordenador da biblioteca, diferenciando infantil, primaria e secundaria. Unha vez cuberta a información entregaranse na biblioteca co nome do alumno ou alumna.

Infantil e Primaria: pasarán nas súas horas de préstamo.

Secundaria: Nas horas de titoría.

O prazo límite para participar neste concurso será o 20 de maio. Todos os participantes entrarán nun sorteo.



FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.

 Este ano o autor homenaxeado é o ouresán Florencio Delgado Gurriarán, nado na aldea de Córgomo, concello de Vilamartín de Valdeorras.

 Desde o EDL e o EB as actividades que propoñemos para os ciclos de infantil e primaria son as recollidas na páxina do Seminario Galán: http://www.seminariogalan.org/. Podedes atopar tanto actividades en liña como para imprimir. Se realizaces algunha non esquezades compartir algunha foto con nós que compartiremos nas nosas redes sociais: www.facebook.com/movealingua e www.instagram.com/movealinguatouro.

VISITA DA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ.

 Esta actividade está organizada para os cursos de 5º e 6º de primaria e para 3º e algúns alumnos de 4º da E.S.O.

A escritora visitáranos o 5 de maio e as sesións realizáranse en audiovisuais no seguinte horario:

5º e 6º de primaria: de 10:35 ás 11:25 horas,

3º e 4º da E.S.O.: 11:45 ás 12: 35 horas.


REPRESENTACIÓN TEATRAL DA AULA DO NOSO C.P.I.

O día 26 de maio:

1º-INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA: 10:35 ás 11.25 horas.

2º-3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA: 11.45 ás 12:35 horas.

3º-1º, 2º, 3º E 4º DA E.S.O.: 14.25 ás 15:15 horas.

VISITA Á EXPOSICIÓN DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN:

 No corredor en fronte de audiovisuais estará montada a exposición sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán. Cada titor/a visitará co seu alumnado no momento que considere oportuno.

 Moitas grazas pola vosa participación!







Día do libro 2022

  O venres, 22 de abril, celebramos o Día do libro. Fixémolo, como vén sendo tradicional, coa entrega de premios aos pasaportes lectores, ao máis lect@r, aos sombreiros de cine e ás portas de cine. Dúas voluntarias da biblioteca foron as encargadas de presentar o acto e facer a entrega de premios. Parabéns aos ganadores!



  • Pasaportes lectores:


  • Máis lector:

  • Portas de cine:
  • Porta Primaria: 5º de primaria:
  • Porta de ESO: 3º ESO:

  • Sombreiros de cine:
  • Infantil:



  • Primaria:







  • ESO:

 E, por suposto, na biblioteca podemos atopar novidades para celebrar esta data tan sinalada!









Visita ao MUPEGA

  O martes 19 de abril @s Lectour@s fixemos a primeira saída do curso. Despois de ler "Matilda" decidimos visitar o MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) para ver outros modelos de colexios. Despois dirixímonos ao Monte de Viso e realizamos a ruta pola Senda mitolóxica, buscando todos os seres da mitoloxía galega alí representados. Foi unha xornada moi intersante e que gozamos todos. 












Club de lectura

  Neste trimestre, no club de lectura, estivemos moi activos. Á volta das vacacións, e ao mesmo tempo que comezabamos a lectura de "Matilda", rematamos as variñas que nos quedaran pendentes ao remate do primeiro trimestre. Xa nesta última semana rematamos a lectura do noso segundo libro e celebrámolo comendo un rico pastel de chocolate, recordando o famoso pastel da señorita Trunchbull, pero sin a presión da súa presenza. Un fin de trimestre por todo o alto.







Novidades

  Aquí vos deixamos as últimas incorporacións á nosa bilbio, vide coñecelas!