Bonita, estupenda, quedoU a táboa periódica de mulleres científicas, 'As madriñas dos elementos'.
Cada elemento leva asignada unha muller, cuxo nome contén ao símbolo do elemento correspondente. Cada símbolo, e polo tanto cada muller, leva asociada un pequeno texto sobre o campo no que ela destacou profesionalmente. Esta información foi elaborada polos cursos que teñen Física e Química de 2º/3º e 4º de ESO, procurando distribuír os 118 elementos e as 118 mulleres entre o alumnado de xeito que tamén o símbolo do elemento coincida co propio nome do alumno ou alumna.
A actividade realizase en colaboración co departamento de Tecnoloxía e o seu alumnado de 4º ESO, que elaboraron o soporte físico da táboa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario