DONAS DE SI


Foron moitas as actividades organizadas dentro do Proxecta 'Donas de si', que xa se foron mostrando a medida que ían celebrándose. 

Aquí deixamos as organizadas polo Departamento de Orientación. 

- Charla Nas Tic mandas ti´ da campaña `Quen dixo medo?´ da Deputación de A Coruña. Foi dirixida ó alumnado de 4º da ESO co obxectivo de formar e informar a poboación adolescente no uso responsable das TIC, de xeito que non se contribúa á creación de novas formas de violencia contra as mulleres, senón que sexan empregadas para a eliminación desta lacra social.

- Obradoiro de Educación afectivo-sexual, impartido polo Centro Quérote e dirixida a 3º da ESO. Esta formación pretendía resaltar a importancia de reflexionar sobre as relacións afectivas, promover o diálogo, a asertividade e a empatía nas relacións de parella e traballar os límites e a responsabilidade persoal.

- Charla de profesionais do Centro de Recuperación Integral para Mulleres vítimas de violencia de xénero (CRI) dirixida ó alumnado de 3º e 4º da ESO acerca das consecuencias da VX nas mulleres.




- Campaña `o xoguete educativo´ desenvolvida por Cruz Vermella de Santiago e dirixida ó alumnado de 3º e 4º de Primaria. Con ela reflexionaron sobre os estereotipos de xénero que envolven os xoguetes, chegando a deseñar os seus propios, xustos e igualitarios.




- Contacontos dentro do programa `Quen dixo medo?´ da Deputación de A Coruña. Dirixido a 6º de infantil, esta actividade tiña como protagonista o conto `Quérote (case sempre)´ de Anna Llenas, que narra a historia de dúas personaxes (Lolo e Rita) que se respectan nas súas diferenzas e se adaptan a convivir en harmonía. Posteriormente o alumnado deseñou o seu propio Lolo e a súa propia Rita a partires das siluetas en branco dos protagonistas do conto.



- Xincana coeducativa `Sen violencia, sen medo´ do programa `Quen dixo medo?´ da Deputación de A Coruña, dirixida a 4º e 5º de primaria. Mediante a mesma o alumnado enfrontouse a unha serie de probas e retos que tentan desmontar os estereotipos de xénero en moitas áreas da vida; no deporte, nas relacións sociais, no mundo laboral, etc.




- Obradoiro de habilidades sociais impartido polo servizo de prevención de condutas aditivas de Boqueixón, Teo, Vedra e Touro. Foi dirixida ó alumnado de 6º de primaria e traballaronse as habilidades sociais tan básicas e necesarias para falar de relacións igualitarias: a escoita activa, a empatía, a asertividade, etc.


- Taller `Encaixando as pezas´; un programa de desenvolvemento afectivo-sexual impartido por `Anacos. Proxectos Educativos´e dirixido ó alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º da ESO. Un programa que traballou arredor de conceptos como sexo, xénero, identidade sexual, etc...



- Taller de Educación Sexual, impartido por Cruz Vermella e dirixido a 3º da ESO. Pretendía ampliar a formación recibida neste eido, mediante a profundización en aspectos como os prexuízos, estereotipos e mitos no ámbito da sexualidade, habilidades individuais e sociais para unha sexualidade sana, libre e igualitaria, métodos e recursos preventivos, etc.


- Exposición de mulleres premiadas co premio María Josefa Wonenburger Planells, unha colección de libros sobre Mulleres Galegas, unha actuación dun contancontos sobre a biografía dunha desas mulleres, como é Ángeles Alvariño, etc. 

















Ningún comentario:

Publicar un comentario