Esta
actividade, que foi realizada en conxunto entre as materias de inglés e de
relixión de Primaria consistiu na presentación de distintas froitas, algunhas delas
descoñecidas para o alumnado, como os arandos, coas que deberían formar dúas
composición, un retrato de muller e un animal, para os que se lle presentaron
distintas propostas: eirugas, tartarugas, bolboretas, curuxas, ras, ovellas,… e
distintas creacións de rostros de muller.
Dividiuse
o alumnado en grupos e, despois de presentar a actividade, en consenso,
elixiron as composicións que realizarían en cada equipo. Nomearon así mesmo un
representante encargado de elixir a froita necesaria para a súa composición, a
continuación pelaron e cortaron a froita e, por último, realizaron as súas
montaxes que presentaron aos outros grupos.
A
actividade foi todo un éxito e moi creativa, posto que non se repetiu ningunha composición.
Deixamos aquí algunhas imaxes...
Ningún comentario:
Publicar un comentario