O ano do mar no Departamento de Lingua Castelá e Literatura

  Traemos hoxe as actividades levadas a cabo desde o Departamento de Lingua Castelá e Literatura.

  •  O alumnado dos distintos cursos realizou traballos de investigación, por parellas ou en pequeno grupo, para posteriores exposicións orais ao resto do alumnado. Estes desenvolvéronse en forma de traballo colaborativo, un por cada trimestre e nivel. Os temas tratados, partindo dun guión previo, foron:
         -Deportes mariños.
         -Tipos de embarcacións.
         -Carabelas, naos, buques dos séculos XVI e XVII (en 3º da ESO, para relacionando o tema do mar cos periodos literarios tratados).
         -Seres mitolóxicos mariños de distintas culturas.
         -Lugares costeiros de Galicia.
      -Estudo da biografía de poetas dos séculos XIX e XX da literatura española e iberoamericana e recitando un poema de cada un destes autores e autoras, relacionado co mar (4º da ESO).
 Cada traballo foi acompañado de material audiovisual: presentacións elaboradas a partir de guión.

Lugares costeiros:














Deportes:








Embarcacións:












Animais mariños:


















Seres mitolóxicos:








  •  Por outra banda, o alumnado de 4º da ESO estivo a traballar sobre distintos aspectos da navegación e do mar a partir de "La canción del pirata".
 Dende o Departamento de LCL tamén imparten a materia de Oratoria en 3º da ESO e levaron a cabo as seguintes actividades relacionadas coa PDI de centro.
  • Dentro do Plan Proxecta "Sabores do mar", no terceiro trimeste, cada alumna e alumno do grupo realizou un texto expositivo-argumentativo sobre os beneficios do consumo de peixe para unha boa alimentación. Ademais, refutaron calquera posible rexeitamento cara este alimento na etapa da adolescencia. Unha vez redactados os textos, a partir da busca de información previa, da reelaboración da mesma e da súa memorización, o alumnado procedeu á exposición dos mesmos ante o resto de alumnado de 3º da ESO.






  • Expuxeron "Seres míticos galegos" no Samagosto para o alumnado de 1º e 2º de Primaria.




  • Ao final do primeiro trimestre expuxeron "No Nadal, Papá Noel vén polo mar" para o alumnado de Infantil.











Recomendacións lectoras verán 2023

  Pouco a pouco ímonos achegando ao final do curso. A partir desta semana xa só se poderán ir devolvendo todos os libros emprestados. Como en cursos anteriores, a biblioteca abrirá uns días, unha vez rematado o curso, para que as familias poidades vir escoller lecturas para o verán. Para que vaides collendo ideas aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras coas últimas incorporacións á biblioteca. Pronto vos avisaremos dos días e horarios para que vos pasedes pola biblioteca!