O pasado venres, 30 de xaneiro, celebrouse o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e foron varias as actividades que se levaron a cabo no noso centro con motivo desta data tan sinalada.
- O Acordeón da Paz: cada clase recibiu uns folios de cores, que decoraron con notas e instrumentos musicais, cos que realizaron a súa parte do acordeón. Unha vez recibidos todos, montouse un gran acordeón de cores.
- Elaboramos uns prendedores, grazas ao Departamento de Tecnoloxía, encargado de preparar todo o material, tomando como base a ilustración de Isaac Díaz Pardo para o capítulo "O meu amigo" na novela "Memorias dun neno labrego", de Xosé Neira Vilas. Montouse na biblioteca unha mesa con todo o necesario para a elaboración dos prendedores, así como un texto explicando a historia do modelo elixido, e o día 30 todas as aulas, dende Infantil a Secundaria, pasaron pola biblio para elaborar os prendedores.
- O alumnado de 5º de Infantil uniu dúas linguaxes universais: a música e a paz. Con iso na mente decoraron conrazóns cun pentagrama coas súas notas e unha serie de valores baixo o lema " Dá a túa nota pola Paz".
- Que cada nota conte para un mundo máis unido!

























Ningún comentario:
Publicar un comentario