Formación de usuarios e usuarias

 Benvid@s un curso máis!

 Pouco a pouco imos comezando as actividades da biblioteca. Xa está aberta nos recreos de Secundaria, xoves e venres compartido cos de Primaria e Infantil, e moi pronto faremos a inauguración oficial para presentar o proxecto, repartir os pasaportes lectores e facer entrega das mochilas viaxeiras.

 Mnetres , o que xa imos facendo, é  a formación de usuarios, neste caso do alumnado voluntario de Primaria, que moi pronto comezará a facer as súas gardas de recreo. Por ese motivo reuníronse na biblioteca para coñecer o funcionamento da mesma, así como das súas funcións. Foi unha xornda diferente, na que compartiron con nós a súa ilusión, así como o seu nerviosismo ante a nova situación para moitos deles. Moitas grazas pola vosa colaboración, todo irá moi ben!


Ningún comentario:

Publicar un comentario