GRAN CONCURSO 'POESÍA PARA UN NADAL'




CONCURSO DE POESÍA


ALUMNADO DE PRIMARIA E SECUNDARIA


Co gallo da celebración do Nadal propoñémosvos desde a Biblioteca un Concurso de Poesía para todo alumnado de Primaria e Secundaria.


BASES:

1. As poesías ou poemas terán unha extensión libre, con calquera número de versos e rima ou verso libre (sen rima).

2. O tema dos poemas terá obrigatoriamente que facer referencia ao NADAL e deberá incluir a palabra MULLER.

3. As poesías entregaranse na biblioteca nun folio co nome, apelidos e curso do alumno ou alumna (escritos por detrás da poesía).

4. A data límite de entrega será o xoves 13 de decembro.

5. O xurado valorará en cada poema a musicalidade, a orixinalidade e o ton poético.

6. O venres 21 farase entrega dos Premios ao alumnado gañador de Primaria e de Secundaria.

7. Haberá un premio para 1º/2º/3º Primaria; outro para 4º/5/6º de Primaria; outro para 1º/2º ESO e un cuarto premio para 3º/4º ESO.

8. O premio consistirá nun libro e outros agasallos.

9. Todas as obras recibidas exporanse na biblioteca e publicaranse nas redes sociais e no blog da mesma. Algunhas das obras gañadoras publicaranse ademais nas postais de Nadal do colexio.





Ningún comentario:

Publicar un comentario