GRAN CONCURSO 'MULLERES ESTRELA'


BASES:

1. Haberá dúas árbores cheas de estrelas adornando o colexio neste Nadal. Unha no primeiro andar e outra na entrada da biblioteca. Nunha árbore poderanse ler os nomes de 36 mulleres e na outra verse fotografías delas. O concurso consistirá en relacionar os nomes coas imaxes.

2. Pode participar todo o alumnado de Primaria e Secundaria.

3. Quen queira participar deberá coller unha papeleta na biblioteca e poñer ao lado de cada nome de muller o número da árbore fotográfica que lle corresponda.

4. Cada alumno ou alumna só poderá participar cunha papeleta.

5. As papeletas deberán depositarse na urna habilitada na biblioteca e a data límite para participar será o xoves 13 de decembro.

6. Haberá catro premios: un premio para 1º/2º/3º Primaria; outro para 4º/5/6º de Primaria; outro para 1º/2º ESO e un cuarto premio para 3º/4º ESO.

7. O venres 21 farase entrega dos Premios ao alumnado gañador. Se houbera varios acertantes de cada categoría, farase un sorteo.

8. O premio consistirá nun libro dunha autora recoñecida e algún outro agasallo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario