Tal día como hoxe... Geneviève d’Arconville


Tal día como hoxe, 17 de outubro de 1720, nacía a escritora e anatomista Geneviève Charlotte Thiroux d’Arconville.

Muller de orixe noble, casou xove. Foi novelista e traductora pero o seu espírito inquedo levouna a interesarse e apaxionarse tamén pola física, a química, a medicina, a botánica, a literatura, as linguas e a historia. Hoxe en día é coñecida e recordada, sobre todo, polos sus estudos sobre a putrefacción.

Ningún comentario:

Publicar un comentario