Desde
1997 cada 24
de outubro
vense celebrando o Día
da Biblioteca.
A proposta xurdiu no seu momento da Asociación
Española de Amigos do Libro Infantil
e Xuvenil, e co apoio do Ministerio de Cultura, en recordo da
destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante o
conflito bélico dos Balcáns.
É por isto que no colexio organizamos este ano a Feira do Día da Biblioteca, un xeito de recordar a toda a comunidade educativa a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores e lectoras de todas as idade e como instrumento de mellora da formación e da convivencia.
Levamos tres cursos, contando este que acabamos de comezar, intentando darlle un pulo a nosa biblioteca escolar con actividades varias, compra e actualización dos fondos, informatización dos servizos,... e queremos seguir mellorando. Moitos e moitas de vós xa deixastes algunhas das vosas opinións e suxestións na gaiola da árbore á entrada da biblioteca, e que xa atendemos ou coas que andamos a voltas, pero quixeramos celebrar esta data escoitando novas opinións sobre a biblioteca: o seu aspecto, o seu funcionamento, como valorades os cambios que se fixeron e os que se están a facer, que outras propostas de mellora suxerides,... Encantaríanos que vós, alumnado, profesorado e resto da comunidade educativa do centro, nos deixarades os vosos comentarios nesta entrada. Todos e cada un deles, deses comentarios serán lidos e tomados en consideración. Porque a vosa opinión importa e moito.
Grazas a todas e todos! E como sempre....
É por isto que no colexio organizamos este ano a Feira do Día da Biblioteca, un xeito de recordar a toda a comunidade educativa a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores e lectoras de todas as idade e como instrumento de mellora da formación e da convivencia.
Levamos tres cursos, contando este que acabamos de comezar, intentando darlle un pulo a nosa biblioteca escolar con actividades varias, compra e actualización dos fondos, informatización dos servizos,... e queremos seguir mellorando. Moitos e moitas de vós xa deixastes algunhas das vosas opinións e suxestións na gaiola da árbore á entrada da biblioteca, e que xa atendemos ou coas que andamos a voltas, pero quixeramos celebrar esta data escoitando novas opinións sobre a biblioteca: o seu aspecto, o seu funcionamento, como valorades os cambios que se fixeron e os que se están a facer, que outras propostas de mellora suxerides,... Encantaríanos que vós, alumnado, profesorado e resto da comunidade educativa do centro, nos deixarades os vosos comentarios nesta entrada. Todos e cada un deles, deses comentarios serán lidos e tomados en consideración. Porque a vosa opinión importa e moito.
Grazas a todas e todos! E como sempre....
VÉMONOS
NA BIBLIOTECA!!
Tan 'só' felicitar o equipo da biblioteca polo seu enorme traballo a prol dos nosos lectouros e lectouras. Dá gusto entrar nun espazo tan fermoso e ben pensado para motivar cara á lectura. Como autor dalgúns dos libros que habitan a nosa biblioteca, darlles as grazas a quen os fai visibles, xunto a moitos máis que nos convidan a nos coñecer un pouco mellor a través da lectura. Parabéns!
ResponderEliminarPaco Yáñez, titor 5ªA
Felicidades a todo o voso traballo, cada día que entro na biblioteca pásoo moi ben lendo todos os libros que me gustan, por exemplo os libros de acción ou aventura.
ResponderEliminarEspero que o siga pasando así de ben!
Martín, 5ªA
Ola, equipo da biblioteca:
ResponderEliminarEncántame a biblioteca e moitísimas felicidades!
Gustaríame que puxerades máis libros de "El diario de Greg"
Paso todos os días por alí e gústame moito facer o puzle do mapa de Galiza
Mándavos un saúdo;
Candela Rey Iglesias de 5ºA
Felicito a todos os que traballaron na biblioteca porque esta súper bonita a decoración. Quería que trouxerades á biblioteca máis libros de "Olimpia", e trouxerades máis mapas de Galicia para facer. Gústanme moito os sofás que puxestes na biblioteca. Encántame o libro dos que teñen os de ver os osos e os dos músculos. Ata outro día.
ResponderEliminarMaría Suárez Souto
Á mellor biblioteca do mundo non lle falta nada: películas, libros, ordenadores, etc.
ResponderEliminarCada vez libros novos, é unha marabilla. Me parece incrible, algo conmovedor para seguirse esforzando en aprender, ata dentro de pouco.
Darío Veiga Méndez
5ªA
Felicitación ao voso traballo sobre a biblioteca, que foi espectacular. A min a biblioteca sempre me encantou. Eu case sempre vou por aí para ler un libro, para xogar ao xedrez, etc. Tedes que pasar por aí e gustaravos de verdade. Daniel Iglesias Pampín 5ºA
ResponderEliminarQuero dar as grazas aos voluntarios e á xente que traballa na biblioteca para que nós poidamos ir coller libros e vivir unha nova aventura. Tamén me gusta moito o decorado, e o sitio onde están os coxíns para sentarse, e tamén me gustan os sillóns que puxestes para sentarse e ler libros. Felicitacións a todos. Adeus.
ResponderEliminarUxía Méndez 5ºA.
Gústanme moito os libros da biblioteca; o libro que máis me gusta é o de "Coraline" e se estivera a película, tamén. Gustaríame que se decorara máis a biblioteca, encántanme os libros de aventuras.
ResponderEliminarGústanme moito os libros da biblio, son moi chulos!
e os encargados da biblioteca que sigan así de ben.
Mara 5ºA
Na biblioteca hai libros de moitos tipos: de aventuras, de medo, contos...
ResponderEliminarTamén hai moitas películas e libros onde consultar moitas cousas.
Así que pasade por alí se queredes ler algo.
Antón Cruces Pampín, 5ºA
Felicito ao equipo da biblioteca polo seu traballo. Gustáronme moito os libros:"El diario de Greg", "Las hermanas DE SANTA CLARA","O misterio das badaladas".Gustaríame que trouxerades un puzle de España, xa que e gusta tanto o puzle de Galicia.
ResponderEliminarNerea Martínez 5ºA
os libros que máis me gustan ler son os cómics. Tamén me gustan as películas, e cando decoran a biblioteca está moi bonita, a vaca da biblioteca está moi bonita. Gústame cando nos sacamos fotos, tamén me gusta ler os libros de Scoobie Doo. Gustoume moito os sofás que puxestes na biblioteca, sempre me sento alí a ler libros.
ResponderEliminarTania Fernández Castro 5 A
Grazas polo voso servizo na biblioteca do grupo que nos acompañan todos os días e todas as semanas, encántanme todos os libros sobre todo "Esmeraldina pequena defunta" e "El Club de tea".
ResponderEliminarCase sempre collo libros do "Club de tea".
Vanessa Carracido Asorey 5ºA
Ola. Encántanme os libros que tedes na bibliotea e sobre todo o libro de "Coraline". Gustaríame que puxerades a película de "Coraline".
ResponderEliminarAinoa Silva 5.A.
Felicito a Bárbara porque é moi boa axudante. Gustaríame que houbera peliculas de maiores como "Bolt, el súper perro". Gústame a decoración da biblioteca e as fotos cos libros son moi divertidas. E que en Infantil houbera biblioteca.
ResponderEliminarSergio Rodríguez Souto. 5A
esta moi ben pero gustaríame que se aumentara un pouquiño o prazo de péstramo dos libros. esta mellor que o ano pasado
ResponderEliminarmoi decorada e moi traballada , moi ben
ResponderEliminarmoi ben organizada e decorada
ResponderEliminaresta moi ben pero falta a revista de marca e ta mellor co ano pasao.2 da ESO
ResponderEliminarEstá moi ben, ben organizada e moi ben decorada. Mellorou moito e os novos libros están moi ben.
ResponderEliminarMoi bo traballo, nótase un cambio incrible comparado con anos atrás!
ResponderEliminarFantástico traballo, tanto no contido como na organización da biblioteca!
ResponderEliminarpois que me parece moi ben os cambios da biblioteca!!!!
ResponderEliminarsonia 4ºeso
Este ano a biblioteca está impresionante, temolo todo!! Isto é unha ghozada!!
ResponderEliminarEu coido que todo está moi ben, moi limpo e ordenado, cuns adornos moi traballados.
ResponderEliminarHoxe regaláronme un libro, e estou moi contento
gustoume moito o dia de hoxe
ResponderEliminarMoi bo traballo, seguide así!
ResponderEliminarOs cambios da biblioteca son escelentes e moi traballados, a verdade e que é unha pasada como cambiou e o favorecida que está. Da gusto ir ler a biblioteca!
ResponderEliminarRocío 4 ESO
Hola boas tardes, a min o que tades a facer na biblioteca paréceme bastante ben. Moi bo traballo e a seguir así!!!!
ResponderEliminarPara min a biblioteca esta ben, eu non lle faría ningún cambio.
ResponderEliminarEstá todo moi ben organizado, bo traballo!
ResponderEliminartodo moi ben un gran avance felicidades, pero descontento polo tema do axedrez sorte
ResponderEliminarPois a min todo me parece ben menos o de non poder xogar o axedrez na biblioteca.
ResponderEliminarDaniel Castro Fernández
Da ghusto ir abrigharse cando chove e fai frío!
ResponderEliminarNon hai como a cercanía e a 'calor' dun bo libro.
EliminarFantástico traballo! A seguir así!!!!
ResponderEliminarEncantame a biblioteca,mellorou para ben
ResponderEliminarParéceme que a biblioteca mellorou moito estes últimos anos, e gustaríame que seguise así. Moi bo traballo!
ResponderEliminarHola,pa min a biblioteca cambiou moito desde que se empezou a mellorar,cos voluntarios,co club de lectura,co personal responsable.. E esperemos que siga asi por moitos mais anos.
ResponderEliminarGrazas por todo.
A seguir así!
ResponderEliminarNestes últimos anos mellorouse moito e vese que está traballada.
ResponderEliminarPropostas:
Que un día a semana se poña na pared de proxección unha pelicula.
Natalia 4ºESO
moi bo traballo seguide así! son pablo
ResponderEliminarfelicidades, un gran traballo seguide asì
ResponderEliminarmoi bo traballo seguide así!
ResponderEliminarA biblioteca pa min cambiou moitisimo.Non a pisaba moito pero polo que levo entrado,cambiou.Noraboa e grazas.
ResponderEliminarA biblioteca cambiou moito e para ben! Agora está moito mellor! Noraboa.
ResponderEliminarHay que reconocer que la biblioteca mejoró desde hace 3 años;antes no había decoración y los libros estaban desordenados. Ahora,además de mejorar eso, hay libros nuevos. También cada día en los recreos hay voluntarios para ayudar a buscar los libros y a mantener el silencio y el orden.
ResponderEliminara biblioteca cambiou para mellor, a prestamo de libro axilizouse moito, os libros estan colocados etc. seguide asi|ningun aspecto a mellorar.
ResponderEliminaralberto e iago
Encantame tal como esta, non quero ningunha mellora pero esta igual de bonita.
ResponderEliminarPara min a biblioteca esta bastante ben. Gustanme moito as decoracións tematica s que poñen na biblio. Espero que siga asi a biblioteca.
ResponderEliminarEncántame como está a biblioteca!
ResponderEliminarSandra 4 ESO
M'ha semblat un bon cambi, crec que le dona vida a la biblioteca de Touro. M'ha agradat poder colaborar amb els professors a fer fotos amb l'ajuda del meu company Martin Rilo. Crec que es una bona forma parlar en català per la diversitat d'idomes, com la diversitat de sensacions, de opinions al llegir un llibre.
ResponderEliminarE o final, terei que falar galego. Un compañeiro di que non lle acaba de gustar a biblioteca, mais eu penso que e un bo cambio.
Como sugerencia me gustaría que fueran más estrictos con los castigos a la hora de hablar, mas se que no se podrá, puesto que nadie quedaría en la biblioteca.
Gustaríame que haxa mangas na biblioteca que sean de series de estos días.
ResponderEliminargustoume moito o dia de hoxe, pareceme un dia interesante
ResponderEliminar.
estaría ben ter máis actividades
ResponderEliminarme parece muy bonita y organizada
ResponderEliminare preciosa pareceme que teñen que estar calados os nenos
ResponderEliminarencantame o traballo que fixestes todas as profesoras da biblio
ResponderEliminarEn representación da clase de sexto,Carla Tato,Claudia Balo,Claudia Segade,Sofía Tomasi e Paula Vazquez queren agradecervos as iniciativas da biblioteca estos ultimos anos.
ResponderEliminarGústanos moito que teñades sofas novos e a nova pantalla de proyección,tamén nos parece moi interesante a sección de consulta e os ordenadores para uso do alumnado do colexio.
Tamén queremos decirvos estas suxerencias: poder traer un contacontos nas datas do Samaín e do Nadal, para primaria e infantil.
MOITAS GRAZAS
En representación da clase de sexto, Carla Tato, Claudia Balo, Claudia Segade, Sofía Tomasi e Paula Vázquez queren agradecervos as iniciativas da biblioteca estos ultimos anos.
ResponderEliminarGústanos moito que teñades sofás novos e a nova pantalla de proyección, tamén nos parece moi interesante a sección de consulta e os ordenadores para uso do alumnado do colexio.
Tamén queremos decirvos estas suxerencias: poder traer un contacontos nas datas do Samaín e do Nadal, para primaria e infantil.
MOITAS GRAZAS
Gustoume moito ese día
ResponderEliminarA mellor biblioteca do mundo
ResponderEliminarGracias por estala traballando hasta ahora
É a mellor biblioteca do mundo desde que estades vós cambiou moitísimo
ResponderEliminarGrazas por estala preparandoa todo este tempo