Música con-data e pos-data

 Este ano, o Ano da Música, levouse a cabo unha actividade moi especial. Compartimos a nota que se pasou a todo o profesorado, ao comezo do curso, e a continuación o resultado. Un traballo moi fermoso que esperamos que vos guste tanto como a nós!

MÚSICA CON-DATA E POS-DATA

SINCRONIZANDO TEMPOS E MELODÍAS

 A melodía máis fermosa comeza co noso nacemento. É a melodía da vida. O “pum-pum” que se mantén como fondo ao longo de todo o noso existir. Ese latexo inicial é a clave, pero vai ir acompasado de moitos momentos diferentes e todos eles doutras moitas melodías con distintos ritmos.

 Acaso seriamos as mesmas persoas sen os primeiros arrolos, ou sen as cancións tantas veces entoadas nas reunións familiares e aniversarios? Poderiamos reter na nosa memoria instantes e vivencias importantes sen e a música que as envolveu coma se se tratase dun papel de regalo?

Está claro que a música é parte da nosa vida e a nosa vida non é posible sen momentos asociados á música.

Por iso, imos descubrir que aconteceu na data do noso primeiro compás (o noso nacemento), no eido musical, ao longo do tempo.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE.

Actividade programada para o ano académico 2025-26 (“Ano da música”), para todos os niveis.

PRIMEIRO  TRIMESTRE:

1.- Selección dun compositor/a ou cantante, unha peza musical, un concerto, a creación dun grupo, a presentación dun disco… Calquera efeméride referente á música e relacionala coa data de nacemento de cada alumno e alumna do centro.

2.- Procura de información sobre esa efeméride ou sobre varias (no caso de Secundaria, unha en cada lingua: galego, castelán, inglés, francés).

No caso dunha compositora ou compositor: data de nacemento e pasamento (de ter acontecido), breve biografía (estudos, profesión, obra, títulos,  momentos clave da súa obra).

SEGUNDO TRIMESTRE:

3.- Elaboración do soporte empregado para expoñer a información.

4.- Material utilizado: dúas cartolinas en forma de disco coa súa caixa. Estas inclúen a información obtida e a imaxe, ademais do nome do alumno ou alumna autor de cada disco e a súa data de nacemento (coincidente coa efeméride), destacada noutra cor: a posdata.

4.- Decoración persoal, ao igual cós discos, pero cumprindo os requisitos anteriores referentes ao contido e imaxe.

5.- Corrección de posible erros.

TERCEIRO TRIMESTRE:

Exposición conxunta de todos os cursos e niveis, establecendo seccións por meses do ano.

Equipo da Biblioteca

E velaquí o resultado:


















Ningún comentario:

Publicar un comentario