Este ano, Ano da Historia no noso centro, con motivo da celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, decidimos investigar sobre diferentes conflitos bélicos, presentes e pasados. Baixo o lema "Historia das guerras. Unha oportunidade para a paz", cada curso investigou sobre as causas e as consecuencias dunha guerra, realizou un mural e despois quedou exposto no corredor do comedor. O obxectivo é coñecer a historia coa esperanza de aprender dela e que non se repitan os mesmos erros.
Así mesmo, o alumnado de 4º de Infantil traballou o conto A miña mochila é da paz, contaron o conto, cantaron a canción e fixeron unha medalla pintando con rotulador en papel de aluminio e cun dispensador boraron auga, puxeron a medalla por encima e, maxia! Pintada!.
Tamén traballaron o poema:
A pomba branca quérenos ensinar,
que un mundo sen guerra
debemos acadar.
Tráenos ledicia, paz e amor
para que vivamos mellor!
Cada neno decorou a súa pomba coa súa poesía.
En 5º de Infantil tamén realizaron unhas pombas, neste caso decoradas ao estilo de Joan Miró.
Ningún comentario:
Publicar un comentario