8M

 O día 8 de marzo é o Día Internacional da Muller. No noso centro foron varias as actividades que se levaron a cabo para conmemorar esta data tan significativa. Debido a varios factores, a celebración comezou o día 7, no patio cuberto.

 O Equipo de Igualdade do centro estivo a preparar un manifesto e unha canción, coa axuda do mestre de música, que presentaron ante todo o alumnado e profesorado despois de repartir panos de cor morada e de formar un 8 M no patio. Foi unha xornada inesquecible, moitas grazas a todos e a todas os que o fixeron posible, parabéns por todo ese traballo!





 Deixámosvos tamén a letra, por si vos animades a cantala!
 Adaptación da canción "Quédate" de Bzrp e Quevedo, leva por título "Érguete":

 Inqueda chego a casa,
coas chaves nos cotenos,
tremen as miñas mans,
teño medo do incerto.

Xa vou tarde pra´mani,
aló agárdanme as comadres,
berrando libremente,
deixando a censura a parte.

Na primeira fila
coas miñas amigas,
uin pano violeta
percorre a miña pel.
Coa cabeza sempre ergueita
xa sen medo a caer
sempre xuntas e sororas
pra a batalla vencer. (x2)

Érguete
que esta lita inda segue en pé.
Pensa en todos os días que levas sufrido,
é tempo de abrirlles un novo camiño (x3)

 Ao rematar as actividades no patio, os panos sobrantes foron colocados no muro exterior do centro para chamar a atención sobre esta data. 







Ningún comentario:

Publicar un comentario