O pasado venres, 9 de febreiro, foi a gran celebración do Entroido no noso cole. Despois dunha semana na que fumos seguindo os mandados de Dona Meca, chegou a clebración, por todo o alto, do Entroido.
O tempo non nos permitiu facer o desfile pola rúa, como é tradición, pero puidemos bailar e representar no patio cuberto. Por alí pasaron árbores, pitufos, ananiños, cogomelos, todo tipo de animais, gardiáns do bosque, fadas... Un desfile cheo de cor e de ledicia. Tamén contamos con música, atraques e coa visita dos xenerais da Ulla. Moitas grazas a todos e a todas os que participaron e fixeron posible a celebración desde día tan destacado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario