Club de lectura

 Esta semana rematamos a primeira lectura do club de lectura deste curso. Como non podía ser doutro xeito, neste "Ano de cine" as lecturas escollidas son libros que se fixeron películas. Comezamos con "Harry Potter y la piedra filosofal". O libro foi un éxito nos dous grupos e participaron encantados en todas as actividades propostas. Comezamos o club coa entrega de cartas de Hogwarts personalizadas, así como marcapáxinas das casas.




 Tamén decoramos a porta da aula do club para participar no concurso organizado pola BE de "Portas de cine".





 Comezamos a crear as nosas propias variñas, quedan pendentes de acabar para unha próxima reunión, pero celebramos o remate do libro coa entrega de vasoiras Nimbus 2000 de chocolate, que, aínda que non sirven para voar, disfrutamos igualmente.







Que será o seguinte? Estade atent@s para descubrilo!







Ningún comentario:

Publicar un comentario